miércoles, 8 de mayo de 2013

Refuxios do arte

Agora máis que nunca, tendemos a pensar que está a ser a época máis artística, porque todo o mundo coñece a alguén que se adique á pintura, ou a súa paixón sexa o fotografía, ou xa teña algúns conatos de maquetas dun albúm musical, proxecto dun corto, etc... etc.. etc. "Arte" parece que se transformou nun novo concepto, non se fundamenta só nos mesmos pilares que dende hai moitos anos o forman, senón que torna case a un concepto máis abstracto e menos definible, ou polo menos iso é o que eu creo e veo.
Sen embargo hai unha cousa que non cambia: o arte é inherente ao ser humano, é necesario, se necesita crear con beleza, a beleza se require. Quizáis por iso, nas épocas escuras, de sufrimento e represión, cócense novos conceptos, e despois explota, explota en diferentes correntes, sensacións e modas.
Durante un período de tempo pode parecer que hai calma, hai sosego, incluso que hai certo estancamento de innovación, de sorpresa; pero eu non o penso así, senón que estase a pensar, a escachar a cabeza ata dar co estilo que defina o presente, que recolla un pensamento... E iso, paréceme tanto ou máis difícil que dar con un avance tecnolóxico ou científico.
Hai, uns días Manolo, na clase, comparaba a movida viguesa co presente, e comparaba tamén á xuventude, que non tiña inquietudes, que non creaba, que non inxeniaba. Non podo estar máis en desacordo, é máis, nese momento teño que recoñecer que incluso me molestou.
Témolo difícil e fácil á vez: a nosa cantidade de medios e facilidade para chegar a eles é increíble, case calquera pode chegar a ser "algo", pero ao mesmo tempo esa "facilidade" se transforma na "impureza" nas artes, hai moito e de pouca calidade, é triste ver o vacío que está todo de sentimento, innóvase, en medios e en conceptos, pero non no contido, en realidade é todo unha repetición do anterior, pero con lixeiras modificacións máis contemporáneas, máis abstractas, máis surrealistas, que é o que gusta, non entender. ¿Non sí? Ésta é a nosa dificultade: romper con todo, crear a partires da nada, olvidar todo o antes feito, todos os estilos, e empezar de cero. Somos unha xuventude saturada, nada nos sorprende, somos exigentes, e iso Manolo, é o que estamos a facer, porque non todas as épocas da Historia son de grandes correntes artísticas, e de grandes mentores e precursores, senón que moitas outras son de romper, co anterior, e idear. Ésta é a nosa dificilisima misión.

Fago agora un stop , nuns anos determinados, nun contexto histórico en concreto, e intento retratar o que podería ser os comezos duns artistas en potencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario