miércoles, 5 de junio de 2013

Montecoruto en "Cuadernos de Pedagogía"

A veterana e  e prestixiosa revista "Cuadernos de Pedagoxía" publica no seu número de xuño o magnífico traballo de seguimento sobre a nosa actividade durante o presente curso realizado pola pedagoga e xornalista  Genara Borrajo. Adiantamos aquí un par de extractos da publicación. Cando podamos insertaremos o artigo integtramente.
Las eleccións galegas
De las elecciones gallegas a la memoria histórica

Historia filosóficamente falando

Propoño un plantexamento da historia dende unha perspectiva filosófica.
A que vos soa a palabra historia? Con qué o relacionades? Cáles son os primeiros pensamentos que seguen á esa palabra?

Confeso que a min, particularmente a historia gústame, pero cos termos cos que eu a relaciono, non son para nada bos: rancia, aburrida, costosa, memorización, complicada, inexplicable, irrevocable, inevitable, repetida, fechas, guerras, lonxana, inimaxinable, imperceptible, inabarcable, inconclusa, manipulada... E un sin fin de sentimentos que vosoutros supoño que tamén tedes, e máis, cando Manolo anunciou a temática destes traballos non estaba para nada motivada, buscaba en google, tódolos temas que me ofrecía considerábaos máis que tópicos, aburridos, xa coñecidos, traballados, investigados... Polo tanto decidín mostrar que é para min a historia.

Sucesos do 10 de marzo de 1972 na cidade de Ferrol

INTRODUCCION……
O ano 72 foi moi importante para Historia da Clase Obreira Galega. O periodo de tempo que vai dende o ano 66 ata os anos 70 e 71 estivo cheo de movilizacions co obxetivo de pedir a liberdade de dirixentes politicos e sindicais.
En Ferrol estabase negociando o Convenio Colectivo da Empresa Nacional Bazán, formando parte todo isto dunha loita polas reinvindicacions laborais e contra a Dictadura de Franco.
Entrevista a Rafael Pillado - 10 de Marzo do 72 from Antonio Otero on Vimeo.

Esto si que é tirarse á piscina..

Memoria de Abuelo


Unha irónica e equívoca mirada


Ano 1975, acaba a dictadura, pero non o franquismo. ¿Por qué o penso? É sinxelo e curioso ao mesmo tempo.
Eu vivo en Covas dende que nacín, e creo que ao ser un pobo pequeno, é fácil coñecer todos os seus segredos, ben sexa polos meus antepasados como por exemplo os avós, eses que non lles fai falta ir á wikipedia para saber cada detalle do que aconteceu na vila, xa quixeran as enciclopedias virtuais transmitir o que transmiten eles; ou ben sexa por noticias, ou simplememte por observar os restos que aínda quedan, anacos de historia viva, presente.

Gústame traballar sobre temas cercanos a min ou a vós, porque creo que teñen máis interese que se conto cousas sobre Ourense ou Lugo.
O tema que escollín esta vez, ten que ver cos meus recordos (bos case sempre) e cos paseos familiares que solía dar ata o faro de Covas, no cabo Prior, ou mellor dito, "ás baterías", así era como chamábamos a ese paseo. Encantábame porque a paisaxe era preciosa, o mar batía forte e as chorimas resaltaban entre o frío inverno. Pouco a pouco as casas iban desaparecendo, e a estrada facíase máis tortuosa. Unha vez que chegábamos ao faro, eu corría hacia as construccións abandoadas que había alí, dábanme entre medo, respeto e ao mesmo tempo diversión, imaxinando que antes alí vivía xente, pero que xente?.. Non me cabía na cabeza quen se podía ir aló, a un sitio tan apartado do mundo.
Outro recordo tamén bo, era cando iba a casa dos meus outros avós, en Meirás. No camiño recordo un campo onde había uns rapaces facendo exercicio, era un campo extensísimo, despexado, sen ningunha árbore nin impedimento, salvo unhas casas que se vían ao lonxe de onde saían ese rapaces.

jueves, 23 de mayo de 2013

Memoría histórica.

   A primeria vez que oín "Memoria histórica" debiu de ser no 2004 ou 2005, se mal non recordo, xa que o que si lembro é que fora durante os inicios do goberno de Rodríguez Zapatero, eu cuns 9 ou 10 anos a verdade é que oir na TV e á miña familia esa palabra resultábame un tanto estrana xa que únicamente vía na pantalla imaxes en blanco e negro ou videos actuáis de operarios cavando grandes fosas.
   Sen embargo hoxe en día, xa dende fai algún tempo, podo dicir que entendo ben o conepcto de memoria histórica e a súa importancia tanto no presente, no pasado ou no futuro. A memoria histórica resulta crucial e  importantísima para lembrar quen somos e a nosa identidade mais parece que algúns "por certas razóns" impiden e intentan que isto non se leve a cabo. Pero é neceserio que se realice, é necesario que se escriben libros, que se graben filmes e documentáis, que existan paxinas como nomes e voces, é dicir que tanto as familias coma todo o mundo poidan saber que foi destas personas, as cales morreron simplemente por ser do bando perdedor (se ben tamén débese facer o mesmo cos caídos nacionáis), por verse involucrados nun conflicto que non desexaban.
 

Campo de concentración en galicia.

Recapacitando sobre a memoria histórica en Galicia víñanme algunhas ideas á cachola, algunhas non malas, mais a intención de ser máis persoal como Manolo pidérame fixome seguir e seguir cavilando ata que finálmente atopei o que buscaba, víñome á mente un recordo, unha pequena parte do rastro da posguerra na zona retida na mente do meu avó Jose Mª.
Istos sucesos sitúanse no ano 2006, por aquel entón eu cada verán pasaba as vacacións en Cedeira, unha pequena e encantadora  vila pesqueira a medio camiño entre Pantín e Ortigueira (a continuación xeolocalizoa) para os que nunca tivérades a gran ocasión de visítala recoméndoa abertamente, non só a vila senón o mundo rural e aldeíñas que a rodean.

Emigración.



miércoles, 22 de mayo de 2013

UNHA LECCIÓN DE VIDA.


Había unha vez unhas nenas e nenos que xogaban coas súas amigas e amigos na rúa, no campeiro, na praza, na casa …
Eran donos do seu tempo e disfrutaban del xogando ás carreiras, ao peón, á corda, aos xogos de roda, á pelota...



martes, 21 de mayo de 2013

Rosiña



Mente en branco. 

Iso é o que necesitamos para entender esta historia.

Esquecédevos do que tedes escoitado de que en Galicia non houbo guerra

Os que levamos un ano indagando superficial  ou máis profundamente no pasado de Galicia sabemos que esconde máis segredos dos que imaxinamos. Isto non vai de segredos, vai do que non nos contan os libros de historia que temos que memorizar para ter unha nota bonita ó final da evaluación. Aquí non importa a nota. Cando se fai historia, entendendo historia coma un feito que marca todo un período de tempo, transgredíndoo e cambiándoo,  non estás pendente de que alguén nun futuro terá que estudalo e comprendelo en profundidade para ter boa nota. Non hai nota. 

Quen nos conta a nós nos libros todas as historias de cada unha das persoas que viviron unha guerra? Son ou non son historia? Non teñen algo que aportar para comprender mellor a maior catástrofe que viviron?

Españoles, la televisión ha muerto



Hoxe cando estaba almorzando decateime, outra vez, do que xa me tiña decatado moitas veces, pero o certo é que velo ó levantarme, se xa teño un mal espertar sempre, cando me deteño diante do televisor xa nin vos conto... Permítame utilizar un eufemismo, bastante apropiado diría eu, para describir o que ás 10 da maña están dando na televisión. 

MERDA. 

 Iso é todo. É dabondo. Pero non só ás dez, once ou doce da mañá nunha canle concreta... A todas horas en calquera canle. Pública ou privada. Poucos se salvan. Programas ou cadeas. Series ou documentais. Fusións entres canles ou eliminación dunha porque a audiencia non a recibe coma se esperaba. Expansión con canles temáticos ou cadeas autonómicas.

Simbolismo


Non é nada raro que calquera familia estea chea de avós emigrantes. Os avós que nos anos 60 eran uns mozos, os da xeración hippie, os que caeron baixo a órbita beatlemaniaca, ou os máis apegados ó folkrore e a tradición popular. Mais todos eles son os que fuxiron co respiro da comunicación maior co exterior, os que viron unha oportunidade máis preto de subsistir fóra de Galicia e España que no lugar onde naceron e criáronse. Os que exalaron un pequeno residuo de esperanzas no exterior, fóra da súa terra. Eses poden ser perfectamente os meus avós. Cando era pequena escoitaba sempre "Cando estabamos en Suíza...", eu cría que de vacacións. Pero non, co tempo dinme conta que era por necesidade, que era a emigración. Sen máis, sen ninguha explicación. Xa debemos saber todos a estas alturas o significado da emigración.

sábado, 18 de mayo de 2013

Un edificio cóntanos a historia


A historia do modo en que se ve habitualmente, paréceme aburrido e pouco orixinal, é dicir, os historiadores ou quenes queiran que sexan os encargados de vender iso, son pouco orixinais. Hai mil e un modos de percibir épocas pasadas hoxe en día, moito máis atractivas e peculiares que un libro de texto, que unha revista, que un documental, que é a nosa porpia percepción, e que ás veces descoñecemos polo noso propio interés. POr exmplo podemos estar a estudar encerrados na biblioteca durante toda a tarde a Franco ou a transición, e sen embargo a uns poucos metros, no mundo real, temos a proba palpable e demostrable da estatua de Franco, fruto dese réxime, coa súa posterior (e tardía) remodelación.
Encantaríame ter a posibilidade de poñer unha cámara nun edificio, e ir vendo ao longo dos anos como foi cambiando todo, de cántos acontecementos de maior ou menor importancia foi testigo ese edificio.
Imaxinade a posibilidade de ver o cambio da poboación dependendo da etapa histórica, cambios sociolóxicos, os seus cotumes... Por non dicir xa, poder reconstruir feitos pasados de importancia, que tiveron lugar en prazas, en sitios emblemáticos, en edificios, tomados polas xentes, en rebelións, en manifestacións...

viernes, 17 de mayo de 2013

A chegada do home á lúa

O día 20 de xullo de 1969, o home chega ao noso satélite, e eu pregunteille a meu pai como vivíu este momento histórico.

- Eu daquela tiña 7 anos, pero o recordo coma se fose ayer. Unhas semanas atrás o teu avó trouxera unha das primeiras televisións en blanco e negro, as cales eu mesmo estaba impresionado con aquelas imaxes pensando que eran unha pasada. Recordo que a televisión lle custara moito ao teu avó e nin a min nin aos teus tíos nos a deixaba tocar por se acaso a rompíamos. Este día foi alucinante. Ver como un home chegaba á lúa nunha televisión que ainda nin sequera sabia coma funcionaba. Ese día foi unha pasada. Ver como baixaba Armstrong e dicir esa famosa frase. Ao día seguinte na escola recordo que todos os nenos queríamos ser astronautas e vivir esa experiencia. 

Meu pai insistiume no seguinte:

lunes, 13 de mayo de 2013

Cousa do apelido



Dous días na procura de información. Unha noite e unha tardiña. Poucas horas, admítoo, unha vez que atopei xustamente o que andaba a buscar. Xornais dixitais, noticias antigas, hemeroteca, un vídeo que atopei perdido por Youtube, e coma non, a Wikipedia. Xa tiña documentación. Tíñao todo organizado.
Durmín tranquila. 

Espertei. 

Esquecíaseme algo. 

O máis importante. Saber se era certa ou non a razón pola que recompilei as máis de 10 de follas na documentación anterior. Ía a comezar a escribir un relato que non sabía se era de todo certo ou non. Collín o móbil, non foi nada distinto a un espertar normal, todos o collemos ó espertar, non o neguedes, o Twitter e o Whatsapp téñennos máis ganados cos berros dos nosos pais para erguernos. 

Ferrol, 22 de xuño de 1943



Queridos Esperanza e Antonio:

Escribo esta carta porque creo que xa é tempo de que alguén da nosa familia vos faga a homenaxe que tedes ben merecida. Non me estou referindo á vosa tarefa como pais que tal difícil foi para sacar adiante unha familia con once fillos na aldea de Chantada, se non á vosa contribución á loita polas liberdades do noso país en tempos da posguerra.

sábado, 11 de mayo de 2013

Aquí vai un video onde expreso a miña opinión persoal sobre a lingua galega e a situación actual na que convive, como galegofalante que son. Por Gabriel Gomez
A imaxe de Ferrol. Por Gabriel Gomez

Nunca máis !

A tódalas persoas que co seu valor e a súa determinación déronnos un gran exemplo de solidaridade. *PD: O video subiuno a youtube dados os problemas que me deu o slideshare co audio. Por Gabriel Gomez

O feísmo na Galiza

Unha pequena reportaxe da existencia do feísmo na nosa comunidade.Por Gabriel Gomez

Os irmandiños.

Os sucesos das revoltas irmandiñas contadas nestas páxinas. Por Gabriel Gmez

A estafa das preferentes

Nos últimos meses en Galiza, se están a suceder algúns actos de rebeldía, estes son os relacionados co a xa famosa estafa das preferentes. Coñecendo un pouco por enriba o asunto, o meu compañeiro Iván Rodríguez e eu, quixemos desprazarnos ata a Asociación de Veciños de Santa Mariña (Ferrol). Alí estase levando a cabo unha folga de fame a turnos dende o mes de Decembro por parte dos estafados. Fixemos unha entrevista e, recollendo algunha información máis que circula pola rede, quixemos presentarvos este traballo para transmitirlles dende o blogger da clase o noso apoio ás persoas afectadas. Por Gabriel Gomez

Análise no tempo do sector naval.

De Gabriel Gomez. Análise no tempo do sector naval en Ferrolterra, con algunhas experiencias persoais, imaxes históricas e algún comentario subxectivo.

viernes, 10 de mayo de 2013

Rock Galego.

Como podedes ver, na música galega destacan moitos artistas. Especialmente os do ámbito do rock, xa que quizaís na época dos oitenta e dos noventa era o que máis se estaba a escoitar.
Tamén foi unha forma de reivindicar os ideais a través las letras. 
Ou moitos deles, simplemente destacaban por ser orixinais ou cañeros.
Algúns crearon as súas propias cancións e se volveron famosos, outros son coñecidos en Galicia por versionar a outros grupos. 
Pero a gran maioría somos a xuventude. A xuventude que se interesa por este tipo de arte, a música. Que versionamos e creamos.

Unha curta do cinema galego.


Cantas veces fuchedes mirar cara o exterior? Sen decatarvos do que tiñades dentro. Credes que a orixinalidade e o misterioso, so se atopa fora, no extranxeiro? Estades a errar.
cinema galego como calqueira outro, posúe e ofrece distintas temáticas.

Non podemos pecharnos ás novas oportunidades que nos brinda a cultura galega. Temos que concienciarnos de que en todo, sempre haberá algo bó e algo malo. E o que non podemos facer e tachar ou xuzgar sen coñecer. Na multimedia galega, atopamos unha gran variedade de filmes ou curtos.

Fotografia Galega.


Eu quero rarezas, 
orixinalidade, 
cousas extrañas, 
pesadelos.
Quero crear, innovar. 
Sexa a través da fotografía, 
da poesía
ou da música. 
Dáme igual. Pero quero creatividade.
Xa que é a forma máis cercana de interpretar a vida.

Ferrol Vello.

Mesmo no centro vello de Ferrol, atopamos casas que, dende moito tempo, están deshabitadas. Pode que sexa polo desemprego ou pola crise, que non decidan derribalas e construir outras novas, xa que non hai cartos para facelo. Quizais o concello prefire deixar isto asi, mostrandoo como o casco vello da cidade, en vez de deixar unha zona sen absolutamente nada.
Pero isto é o que temos:


Fuxir da autodestrucción.

As persoas cremos que somos libres, pero poderiamos compararnos cunha pequena bolvoreta nun frasco de cristal.
Buscamos sair dunha sociedade onde todo o que nos rodea nos aparta do auténtico do mundo, da natureza, do que sempre estivo ahi. Destruimos o mundo o nos estamos destruindo nos mesmos?


jueves, 9 de mayo de 2013

Con poesía

Estamos acostumados a falar da poesía galega, ou a literatura en xeral, e recordar automaticamente os seguintes nomes: Rosalía, Pondal e Curros. Esta é a poesía única, a que máis se coñece xunto coas cantigas. Parece que programan o noso cerebro para que saibanos eses nomes antes de comezar a estudar tardíamente e a toda présa a historia da literatura galega: Rexurdimento-Rosalía-Pondal-Curros. Todos da man, unidos nun mesmo conxunto, estudados á vez, obrigados a ser estudados coa teoría rapidamente para acadar o que algúns chaman "coñecementos básicos da literatura galega". A literatura parece parar aquí, ensínannos ata estes autores as súas temáticas e vidas e composicións e logo temos un respiro, para máis tarde voltar a estudalos de nova, "máis en profundidade". Pero hai máis literatura, e aínda que moitos nomes nos soen non saberiamos dicir as traxectorias destes tan ben como poderíamos dicir fai uns anos a dos tres anteriores.

miércoles, 8 de mayo de 2013

O tempo non pasa en balde


É curioso, que con elementos da nosa vida cotiá se conte tamén a Historia. Por exemplo agora mesmo, esa camiseta que levas posta, a televisión que estás vendo, os programas, o tipo de humor, as noticias, incluso a paisaxe que miras, nuns anos terán valor histórico, serán contados a xeracións futuras, o estilo de vida.
Por iso, eu escollo un elemento do máis común: os coches, sí, a través deles pretendo contar a súa historia interna, é dicir, a miña historia, a da miña familia; e a historia exterior, é dicir, qué pasaba en España, en Galicia, mentres meus pais e gran parte de españois circulaban con ese coche nos anos 70, 80, 90... Etc.

Un 21 de outubro


Coma un simple xogo, agochándose

A rebelión non é cousa nova

En Galicia tamén hai campos suizos


É sabido non? Iso de Galicia, o seu pasado miserento, pobre xente que tivo que deixar ás súas familias, "as viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos", décadas de fame, partidas, búsqueda de recursos... Estes son conceptos, definiciós, factores, causas e consecuencias, estudadas ata a saciedade. Pero, poden seguir quedando restos de todas eses conceptos que identificamos co pasado? É curioso, a dificultade que para nos supón mirar o noso entorno con retrospección, que nos impide darnos conta do propio presente e das consecuencias emigratorias que se poden enumerar.
Non vamos a ter en conta as xa máis evidentes, as máis fácilmente recoñecibles como os afincamentos definitivos de xente que en principio "só era unha tempada", para conseguir cartos, pero acabou quedando alí, formando novas familias, ou deixando ás súas propias, quen sabe, unha vez que se toma a decisión de marchar.

Saudosismo adoptado

Creo que o mellor comezo para esta entrada sería cun par de definicións:

Cultura: valores, ideas, actitudes, símbolos, modo de vida e coñecementos que dan forma ao comportamento humano e son transmitidos de xeración en xeración 

Saudade: sentimento afectivo próximo á melancolía, estimulado pola distancia temporal ou espacial a algo amado e que implica o desexo de resolver esa distancia. A menudo conleva o coñecemento de que aquilo que se extraña quizáis nunca volverá

Porqué comezo dunha forma tan directa, pesada e formal, e incluso incoherente:  ás veces, palabras como cultura, empregadas con frecuencia no noso vocabulario, pero que en realidade non coñecemos con exactitude todos os termos que engloban, non sabemos ata onde abarca como palabra. 
No caso de saudade, é ao contrario, víame incapaz de achegarvos nin tan sequera unha mínima parte de tanto que significa, é case unha palabra "metafísica", "espiritual", "intanxible", polo tanto recurrín á nosa amada Wikipedia, pero encontreime con un montón de parágrafos sen sentido e pouco atractivos, falándome da súa etimoloxía e pasado.
 Intentarei pois que sintades a saudade.

Palabras


Estou convencida de que teño cultura porque alguén parecido a min tivo algo que dicir nun momento determinado. Todos, absolutamente todos temos algo que dicir. Xa sexa en voz alta ou entrecortada, xa sexa bailando ou tocando a gaita. Xa sexa por xestos ou palabras..

Andrés do Barro


Precisaba ideas! O de sempre.. Tema que Manolo presenta, tema do que pido ideas na casa, cos amigos, coa familia, tema do que me pido a min mesma as ideas.. 

O meu novo traballo comeza con Xavier..

Chameino. Díxenlle que necesitaba axuda. Pregunteille quén significou algo no panorama cultural de Galicia ou quen podería significalo se se dese a coñecer e o moi mangante comezou a cantar! "O tren que me leva pola beira do Miño,me leva e me leva polo meu camiño"

Poesía

Andrés

Este traballo comeza con Rocío. Minto. Esta historia comeza con Rocío.
Rocío cantou algo asi como.. "me duele la piel de estar en tu espalda me duele la risa de usarla en la playa" e eu ao chegar a casa busquei esa mesma frase en Google. Piedras y Charcos, Andres Suárez

Escoitei dita canción pensando nun cantautor que debería ser de Madrid, de Mallorca, de Canarias! Ata que escoitei No me queda un abril para ti, nesta canción Andrés quería volver ao norte ao seu lugar, quería ver se os rosais cambiaran e quería saber que hai de malo nunha casa xunto ao mar, quería voltar a escoitar o seu acento nos andenes despidindose.. 


Primera pista: Norte. Picábame a curiosidade.. 

Refuxios do arte

Agora máis que nunca, tendemos a pensar que está a ser a época máis artística, porque todo o mundo coñece a alguén que se adique á pintura, ou a súa paixón sexa o fotografía, ou xa teña algúns conatos de maquetas dun albúm musical, proxecto dun corto, etc... etc.. etc. "Arte" parece que se transformou nun novo concepto, non se fundamenta só nos mesmos pilares que dende hai moitos anos o forman, senón que torna case a un concepto máis abstracto e menos definible, ou polo menos iso é o que eu creo e veo.
Sen embargo hai unha cousa que non cambia: o arte é inherente ao ser humano, é necesario, se necesita crear con beleza, a beleza se require. Quizáis por iso, nas épocas escuras, de sufrimento e represión, cócense novos conceptos, e despois explota, explota en diferentes correntes, sensacións e modas.

lunes, 6 de mayo de 2013

O que ninguén quere ver

Non sei se vos soará dalgo “O Partido Verde Europeo” ou  “Os verdes”, pero tendo en conta que os nomes non son cousa doutro mundo, xa podedes ter unha idea, máis ou menos do que son. Se o verde o relacionamos coa natureza e o feito de ser formacións políticas ou grupos coa defensa desta, so hai que pensar na cor que xeralmente se asocia á natureza e xa temas o resultado desta fórmula nunha soa palabra: ECOLOXISTAS. Hai vida máis alá do Green Peace mediático, ó igual que hai vida na conservación da natureza, que, a fin de contas, defenden estes grupos. Ó final entenderedes porque vos falo disto.
Pero eu non viñen por aquí a falares do que son cada un deles. É moi sinxelo buscar no google o que son e recopilar as novas que aparecen nos xornais falando deles. Viñen para falaros dalgo que todos vós debedes coñecer, REGANOSA.

Se me lengua la traba


“Ola. Teño 17 anos e falo castelán porque son unha moza, e a xuventude de hoxe en día no fala galego… Ola. Teño tamén 17 anos e falo galego porque son do rural.”
Agora que xa teño a vosa atención coa introducción destes tópicos tan marcados despectivamente. Mellor, despectivamente para unha soa das linguas que mencionei. Ou pode que para as dúas, unha por ser a causante dos tópicos e outra por mantelos.

Agora xa vos teño máis impactados. Agora é cando non sabedes que postura teño eu porque primeiro marco unha e despois acuso ás dúas.

Retranca

Cantas veces tennos dito que digamos algo en galego porque lles gusta o noso acento? Moitas, non? A min polo menos cada ano. Cada verán teño que disimular o moito que me amola que queran escoitar algo en galego. Xa sabemos que temos un acento, como diríamos nós, moi riquiño, suave, melódico... non sei. Diferente ós das demais comunidades. 

Cando era pequena era coma a novidade en medio de tanto andaluz en Cádiz. E o era si. Era una nena pequena duns 5 anos que chegaba co seu acento e graza. Pero a min parecíanme máis "graciosos" eles. Gustábame máis o seu acento co meu. Eles eran a novidade para min. E coma novidade que eran tentaba de aprender todo o que fora deles. Inconscentemente, non era que quixera deixar de ter acento que teño. Por iso cando voltaba falar comigo era todo un espectáculo. Faláranme en castelán ou en galego, eu contestaba en castelán co meu acento  propio, pero lle engadía o salero do acento andaluz. Tantos meses sen escoitar a xente que tivese un acento similar ó meu facía que inconscentemente, sen darme nin sequera conta, intentara cambiar a miña forma de falar. Ó pouco de voltar xa volvía a ter o acento riquiño de sempre. Pero sempre quedaba a anécdota e a sorpresa de escoitarme falar por primeira vez no aeroporto nada máis chegar.

Feismo urbano

O termo feismo xa fala por si so. Algo "feo", si. Pero non pensedes nunha persoa ou nalgún obxecto material. Bueno, nun obxecto material. A grandes dimensións e nun sentido desfigurado á vez que abstracto si o é. Iso si engloba o termo feismo a grandes dimensións, claro.

Con iso é difícil comprender o que é o feismo, mais pouco a pouco e xunto con este video, iredes comprendendo o que é.

A serie do século XV

Quédanos moi lonxe a herdanza das revoltas irmandiñas que tan tradicionales se converteron para Galicia despois do século XV.
Lonxe temporalmente. 
Moi preto de Ferrol temos o plató onde se rodaron escenas decisivas desas loitas irmandiñas que derruíron o poder feudal medieval. 
 Derruíron o poder, proclamaron liberdade uns poucos anos. 
Estas manifestacións ilústranse nos restos das fortalezas dos nobres, símbolo do poder, que os exércitos irmandiños convertiron por un tempo nas sombras da opulencia feudal. Sombras que agora son restos de pedra, conservados, reconstruídos ou intactos.
En Moeche e Narahío, en San Sadurniño, quedan os restos da pedra como símbolo de... un pobo unido e enfrontado por un interese común? manter o poder feudal? manter a superioridade dos de arriba século tras século? rebeldía e revolución fronte ós ataques do poder? 















  

Bágoas negras

O normal sería comezar o relato presentándome co meu nome, pero non teño. Se o teño non o recordo. Poida que sexa lóxico que non o recorde. Se alguén algunha vez utilizou o meu nome, non foi para ben. Polo menos que eu recorde a miña familia nunca utilizaba nomes. Non é que non nos comunicáramos, ou que non nos quixéramos. Queríamonos como calquera outra, pero  na distancia. Todos sabiamos por onde andaban as viaxes intrépidas dos demáis, dos que viaxaban cada ano e os que permanecíamos na terra onde nacemos e nos criamos. A terra ata a que alcanza a miña xa vella memoria non é moi extensa, é só un pequeno saínte de area que pouco a pouco parece adentrarse no mar. Está ó redor dunhas murallas duras de pedra onde temos vivido moitos anos. Moitos para min, ó mellor para vós xa non son tantos. Para todos nós si o son, pasan moi lentos. Quizáis porque vivimos sempre co pesadelo de que calquera de nós pode desaparecer de súpeto tragado polo pequeno mar que sempre foi o noso fogar.

domingo, 5 de mayo de 2013

A FOTOGRAFÍA: PARTE DA NOSA CULTURA.

É sorprendente como en moi  pouco tempo a túa vida pode chegar a cambiar tanto.

Exactamente dende o instante que me chamou  a atención o son que facía a cámara ao sacar unha fotografía, dinme  conta de que ese aparello íame gustar  e que podía ser algo interesante para investigar e acercarme a distintas situacións con ela. Por iso en cada viaxe que facía coa miña familia quería levala e disparar algunha  instantánea  coa axuda dos meus pais, amantes desta arte.

O tempo foi pasando e, polo tanto, a vida. Tecnoloxías e, á vez  unha mesma, imos avanzando e  cambiando en cada instante do noso existir.  Doume conta cada día de que o mundo  da fotografía  ten algo especial que me atrapa e me impide deixalo. As cámaras xa non son o que eran  e  incluso, unha vez chegados a este punto, as expectativas de cada un van cambiando.

O  seguinte paso foi mercar a miña cámara dixital coa que puidera sacar as miñas fotos sen depender de ninguén e cando eu quixera. Cando vin que os meus obxectivos non os conseguía con este aparello, e tiña cada vez máis  claro que quería avanzar  neste universo, os meus pais decidiron mercar outra cámara de maior capacidade para poder seguir aprendendo  e conseguir o que eu desexaba.

A FROUXEIRA


Na vida hai moitos tipos de relacións entre as persoas, algunhas son de parella  e  outras,  por exemplo, entre  pais e fillas, como a que  vou contar eu agora.
Nesta historia hai tres personaxes:  un pai, unha rapaza e unha praia. Dúas persoas e un lugar que teñen unha unión e un sentimento moi agradable e especial cando están xuntas.
Parece imposible  que unha das maiores e mellores praias (como é neste caso a de Valdoviño, ou mellor dito a da Frouxeira, un entorno natural  do que goza Galiza) poda conseguir transportarte  a outro universo o tempo no que estás sentindo a area debaixo dos teus  pés ou  eses instantes nos que escoitas o ruxir das ondas, ruxir que chega  ao máis profundo do  teu corazón.

10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL.


O CRIME 

Víuse, camiñando entre fusís, 
por unha rúa longa, saír ao campo frío,
aínda coas estrelas, da madrugada.

Mataron a Federico 
cando a luz asomaba.

O pelotón de verdugos
non ousou mirarlle a cara. 

                      (Antonio Machado, O Crime foi en Granada)


“A estirpe obriera de Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeir da humanidade, nos obradoiros do mar.”
Manuel Rivas.

     Rafael Pillado Lista (San Cibrao- Cervo 1942). Reside en Ferrol desde os dous anos, seguindo ao seu pai, preso no Castelo de San Felipe, pola súa militancia antifranquista.

Os aparecidos

Non podemos falar de cultura galega sen falar do tema da morte en Galica.Dende sempre oín na miña casa as historias e lendas de aparecidos que meus avós contaban á miña nai e aos meus tíos cando estes eran rapaces . Historias que sucedían ou sucederan cando eles eran novos, a parentes, veciños ou a eles mesmos.

Un dos temas principais desas historias é o tema dos aparecidos e das visións premonitorias. Agora ides a ser partícipes das historias que se lembran na miña casa: 

Música pop en Ferrol




Ferrol é un lugar onde tradicionalmente gustou cantar. Non hai comidas, ceas ou celebracións, que eu recorde, onde a longa sobremesa non se dedicase a botar boas cantadas acompañadas ou non dunha guitarra. Estes recordos remóntanse aos meus avós e posteriormente aos meus pais e familiares. Calquera reunión remataba da mesma forma, cantando aquelas abaneras e, mesmo, cancións populares feitas por ferrolanos para Ferrol e bisbarra. Mesmo existe unha noite, o 19 de Marzo, na que todas as agrupacións e coros saen á rúa dende tempos inmemoriais a cantar ás "Pepitas" que, en definitiva son as mulleres de aquí.

viernes, 3 de mayo de 2013

Castros en Ferrol

Realicei este prezi para compartir con quen o queira certa información sobre os castros que se han atopado na comarca ferrolá. A verdade é que non sabía de ningún e teño a curiosidade de ir a velos .... algún día É o meu primeiro contacto có Prezi, séde xustos nas críticas coa forma de usalo. Realizado por Marta Ameneiro

FERROL ENFURECIDO

Non temos porque revolver nos documentos ou na memoria histórica para atopar mensaxes de loita. 

A min, hoxe, bastoume cunha moto,
unha cámara e unha boa amiga. 

sábado, 30 de marzo de 2013

Innovación

Levanta. Colle o dicionario de Xerais que tes abandonado no estante. Busca o “c”. Vai cara o final e lee a definición de “cultura”. Supoño que atoparás algo coma isto: 1. Cultivo dos coñecementos e facultades da persoa humana. 2. Conxunto de coñecementos que se teñen como froito do estudio e doutras experiencias. 3. Conxunto de tradicións e de formas de vida dun pobo, dunha sociedade ou de toda a humanidade. En calquera outro dicionario, non ten porque ser nun de galego, haberá definicións similares, ou concretamente a mesma pero noutra variedade lingüística. 

lunes, 18 de febrero de 2013

Ferrol "se vende"- "se alquila"

Estamos acostumados (lóxica e inevitablemente) a percibir as cousas máis destacables que caracterizan un sitio dunha forma puramente física, en canto ás primeriras impresións se refire. Exemplo disto é cando vamos de viaxe e nos preguntan acerca de como era o sitio visitado, describimos, pero sempre dende unha perspectiva exterior, visual.

O encariñamento, a ligazón, os recordos, as experiencias... Convirten o escenario visual, paisaxístico que perciben os nosos ollos, cara unha mirada subxectiva.

viernes, 15 de febrero de 2013

Propietarios da rebeldía


Aínda que eu vivise dende sempre na cidade, non sempre foi así. A miña familia non naceu na cidade. Meus pais si, naceron en pleno éxodo galego cara ás cidades, por alá polos anos 60 e 70. Pero teñen moito afecto ás aldeas dos seus pais, que tamén son as deles, e as miñas.

A miña avoa materna, por mágoa, vendeu a casa de Igrexafeita onde eu tantos bos ratos tiña pasado ata os 7 anos. A verdade é que encantábame ir todas as fines de semana alá ó lonxe, tan preto do monte, no profundo dunha pedregosa estrada a unha casiña de pdera destas que non ves polo centro de Ferrol. Pero vendeuse.

domingo, 3 de febrero de 2013

Galicia fermosa

Durante o mes de febreiro achegarémonos a "fermosura" de Galicia da que tanto gustades a partires das graves ameazas da paisaxe tradicional dende numerosos puntos de vista. Aquí tedes un mapa con ligazóns para que comezedes a explorar...Boa singradura¡¡¡
Si queres ver o mapa perfecto dalgúns dos problemas contemporaneos do país no que vivimos, descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf).  
Logo amplia o gráfico para "navegar" por hiperenlaces  ou ligazóns que de seguro te permitirán coñecer a realidade socioambiental de Galicia

martes, 29 de enero de 2013

A REVOLUCIÓN DOS PERCEBES

OS HEROES DESCOÑECIDOS







Dende que Manolo propuxo o tema pregunteille ao meu pai quen ou quenes participaran nun acto de rebeldía que recordara. Faloume dos Irmandiños, os Mártires de Carral, faloume de Concepción Arenal pero cando dixo "O Xurelo" cambioulle a cara.
" Patri,podes facelo do Xurelo! Setembro dos  oitenta! Eu fun á manifestacion!"

Falaba cunha emoción que eu non lograba entender.Agora o entendo, pois o suceso que vos vou contar significou a unión do pobo galego en defensa do mar.

lunes, 28 de enero de 2013

O suicidio colectivo.

O Monte Medulio ten unha situación xeográfica, ainda hoxe, controvertida. Algúns din que estaba en O Bierzo, preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Pero por exemplo, Paulo Orosio sitúabao cerca do Miño.
O Monte Medulio é o lugar onde se celebrou a batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 adC, contra as lexións de Caio Furno e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.


domingo, 27 de enero de 2013

Evolución rebelde.

La Rebeldía Gallega enfocada como la evolución que ha logrado alcanzar la mujer con respecto al hombre.


En cuanto a personajes femeninos se refiere, he querido destacar a:

Concepción Arenal, una rebelde liberal ferrolana que se reveló en contra de las injusticias que sufrían las mujeres en el siglo XIX.        


También Emilia Pardo Bazán, una escritora coruñesa que presenta el despertar de la conciencia femenina.          


Y por supuesto, otra escritora como Rosalía de Castro, que muestra en sus obras la lucha por el respeto mutuo entre hombre y mujer.


Sin olvidarse de Aurora Rodriguez Carballeira, ferrolana que quiso educar a su hija Hildegart en las bases del socialismo, en provecho de la causa liberadora de la mujer. Consiguió que su hija tuviera unos ideales liberales y progresistas, aunque se trataban de socialismos utópicos. Aún asi, Hidelgart con tan solo 16 años, estudiaba 5 idiomas y ya tenia una carrera. Pero cuando Hidelgart, la verdadera estrella de la historia, se enamoró de un chico, la madre, enfurecida por desviarse de lo que ella tenia previsto para la vida de su hija, la apuñaló mientras dormía.


miércoles, 23 de enero de 2013

Memorias históricas.


   Vouvos contar un relato sobre unha historia moi cercana; o que lles aconteceu aos meus bisavós e ao meu tataravó na Galicia de principios do século XX, é dicir, sobre o 1905. Eles vivian en Coia, Vigo, e eran unha familia humilde, unida, e moi traballadora. Que día si, e noite tamén, adicabanse ao cultivo das terras dos señores caciques. 
   A historia centrase, concretamente, no meu tataravó, no seu fillo; meu bisavó e na noiva deste, a miña bisavoa.