martes, 23 de octubre de 2012

En miña opinión, as eleccións electorais foron un fracaso dado que moitos galegos queixanse do presidente da Xunta e volveno a votar. É como se dis que o relixion é mentira porque eres ateo,  pero vas á misa todolos domingos ``por si acaso´´. Iso é ser un hipócrita.

Por outro lado, están os que tamén se queixan do anterior mandato, pero non van votar, facendolles un favor aos partidos importantes, tendo máis escaños para ter maioría absoluta( votaron 100.000 persoas menos e foi o peor resultado do PP en 23 anos).


Por último,quero deixar esta imaxe como metáfora (non é meu) do país no que nos atopamos.


¿Qué é Galicia para min?

A nosa terra danos miles de fermosas paisaxes únicas. Galicia non é unha comunidade autonóma, representa  moito máis que unha separación política, é a terra á que sempre poderemos regresar, xa que ao nacer aquí, sempre botamos de menos as nosas procedencias xa que Galicia ten un aire especial.





http://www.youtube.com/watch?v=CWoM8dEHdjQ&feature=plcp



domingo, 21 de octubre de 2012

Miña terra Galega.

Podría dicir centos de calificativos para Galicia ,calificativos xa coñecidos por todos os que algunha vez na súa vida oiron falar de Galicia ,coma en Galicia "sempre chove " ou o típico "malo será ",pero non , vouvos falar do que para min representa e é esta fermosa terra .
     Creo que para todo o mundo o nacer nun lugar determinado ,o condiciona para amar esa terra ou polo menos ter un certo cariño por esos lares .Eu como boa galega gústame a miña terra ,en especial os lugares nos que tive a sorte de visitar e ver .

"DEITADO FRENTE AO MAR"


Como amante da música nos  diferentes estilos creo que esta canción titulada “Deitado frente ao mar” do grupo de Dios Ke te crew , a cal recita dunha forma peculiar o  poema de Celso Emilio Ferreiro, é moi importante para a historia de Galiza posto que fai  a defensa da nosa lingua galega que sempre  ten que estar presente xa que é a maior riqueza que temos no noso país. 




jueves, 18 de octubre de 2012

a miña vision de galicia

Simplemente...
http://www.youtube.com/watch?v=d-1Fg6sMyl4
non hay moito mais que decir.!

CAMPAÑA ELECTORAL

Veo de momento una campaña electoral, indistintamente de los resultados, muy movida, sigio a mi partido (upyd) en twitter y a otros partidos,pp psoe ag y se estan moviendo mucho..
aver si nos sacan de una puta  vez desta crisis poco a poco
http://www.youtube.com/watch?v=zcUXBrrTH6Q

martes, 16 de octubre de 2012

"el abuelo de la boina sabe más que nadie la cuestión meteorológica"

Xa que empezamos o blog amosando cancións que falen de Galicia, penso que esta canción merece estar aquí. Xa sei que está en castelán! Aínda así penso que amósanos moi ben moitos dos elementos característicos da "Terra prometida" dende un punto de vista moi cercano ao noso.





É moi coñecida, pero espero que alguén a descubra hoxe, e por este Blog..

lunes, 15 de octubre de 2012

Xeitos de ser galego



Aínda que algúns comezáchedes a escribir nos blogs individuais as vosas miradas persoais sobre Galicia, boto en falta que non vos atrevades a escribir no Montecuruto de tod@s  …Vades lent@s rapaces… ¡
En fin, que Galicia pode “ser” moitas cousas, ademais de fermosos paisaxes e a tópica morriña. Hai abondosa peña polo país adiante facendo videos, cancións ou textos de diversa índole e, nestes días de mitíns electorais, lanzando ideas moi dispares sobre o significado de Galicia, Tan dispares como os dous exemplos que colgo hoxe
En primeiro lugar, e simplemente por seguir abrindo o debate, deixovos a  campaña de Gadis que sorprendeu ao país con este anuncio que transmite unha determinada idea de Galicia coa que non sei si concordades…(Admítense opinións)

E qué me decides da Galicia que se agocha baixo das letras de grupos como Dios Ke te Krew?
(aquí podedes escoitar e descargar as súas cancións), por exemplo cando reivindican ironicamente a Galicia como potencia nuclear..ou na estimulante Profecía ?

Deste grupo sempre me maravillou a súa canción-presentación e o repaso que lle meten a historia do rap en Xenese:

Enfin,  se tedes ocasión, aconsello que non vos perdades os seus directos porque destilan enerxía por todos os currunchos do espazo do concerto:


E por si fose pouco, dous dos tipos que berran no esceario foron alumnos meus e ben orgulloso deles que me sinto  (ao mellor por iso son tan fan ) ...Veña ho... agardo mais participación neste blog colectivo que xa se me fai longa a espera por vos…

martes, 9 de octubre de 2012

Rebeldía Galega.: República Galega.

Rebeldía Galega.: República Galega.: Nos tempos que corren, absolutamente todos os temas de conversación, e por tanto, o tema por excelencia, é a decadencia española actual. ...

domingo, 7 de octubre de 2012

Onde te ubicas ti?

Nestes días atopei pola rede un trebello sociolóxico para posicionarse no arco parlamentario galego utilizando un cuestionario con preguntas sinxelas. Agora que estades tod@s en "campaña electoral" podería ser interesante que vos fixerades este test a vos mesm@s. Utiliza o sistema de coordenadas ideolóxicas que comentei en clase: Dereita-Esquerda  e Centralismo-Nacionalismo.




Aquí tedes o enlace para que podades facer o test a vós mesm@s: Horizonte Galicia

sábado, 6 de octubre de 2012

Cal é a vosa terra galega?

E xa para rematar coas aportacións de cancións que tentan  aproximarse ao significado de Galicia ou que camiñen na procura de elementos sobre os que construir a identidade histórica de Galicia.. ai quedan dúas versións ben distintas de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd.  Nas dúas podemos identificar elementos diferentes e ao tempo similares...
A primeira é un Lipdub realizado polos alum@s do CIP Virxe da Saleta de Cea (Ourense), onde a lingua galega considérase como marca referencial de Galicia:


E finalizamos cun clásico da música galega, a versión de Siniestro Total coa súa retranca habitual:

                                     Cómo o vedes? Cal é a vosa terra galega? ...Veña ho, agardo participación masiva...

jueves, 4 de octubre de 2012

É Galicia Canibal?

Pois.... seguindo co repaso a outras cancións xeneracionais da xuventude galega, propóñovos un flash-back cara un videoclip rompedor na década dos 80 do grupo vigués  "Os resentidos". A pesares do tempo transcorrido, ainda conserva a súa enerxía transgresora mediante a montaxe vertixinosa de imaxes arquetípicas e moi representativas da historia contemporánea de Galicia. Este traballo destila ironía dabondo sobre do conflito tradición- modernidade, así como unha brilante metáfora sobre do que é Galicia. Intentade buscarlle o punto....Pódese trasladar á Galicia actual esta mirada producida hai case trinta anos?....       

Galicia es una mierda?

Sun dúbida, un dos grupos rock mais singulares e provocadores do panorama  musical galego é  Ataque Escampe.   O outro día na clase fiquei sorprendido que non coñecerades  a estes mozos entre divertidos e retranqueiros que levan tocando dende o 2002 por toda a xeografía do país. Aquí tedes a súa historia segundo a Wikipedia.

 

Adxunto ademais unha das cancións "xeneracionais" do grupo: "Galicia es una mierda". A sua música está pola rede...Qué vos parece..?.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Benvid@s

Ola Bendid@s a vosa páxina colectiva de Historia de Galicia... Un blog que pretende ser aberto, participativo e democrático. Xa podedes comezar a debullar a realidade galega e ferrolana..  Aquí tedes un pequeno manual que vos pode axudar a utilizar o Bloguer.
E tamén un pequeno video tutorial que tamén pode servos de utilidade


Un saudo agarimoso para tod@s