domingo, 2 de diciembre de 2012

Castro de baroña

Trás comprobar que o camiño e a tradición do camiño de San Andrés tiña a súa orixe nos nosos ancestros celtas quixen saber algo máis desta cultura e coñecer un máxico lugar que foi hogar deles fai uns 4000 anos, o Castro de Baroña.


Se hoxe temos todo o que temos significa que alguén loitou por telo. 
Non falo do inventor do televisor nin do inventor dos zapatos de tacón, quero ir algo máis atrás no tempo. Refírome á prehistoria.

Se hoxe temos linguaxe significa que no principio dos tempos alguén loitou por comunicarse. Se agora temos todos estos alimentos significa que houbo un día no que alguén pasou fame e decidiu explorar cómo avatila. Sigo sen falar do inventor do cocido. Falo de tempos máis lontanos, do inventor da caza!
Se hoxe temos as nosas casas cheas de cadros non é grazas ao inventor do óleo, sigo falando do primeiro que quixo plasmar unha imaxe nunha rocha.

As miñas fotografías.



Aquí vos deixo con catro fotografías que fixen dos acantilados de San Andrés de Teixido.
Estos acantilados son os mais altos da Europa continental xa que teñen 612 metros de altura sobre o nivel do mar. 
Utilizei o programa Picassa para dárlles outros efectos.



sábado, 1 de diciembre de 2012

Unha noite de medo.


Un amigo meu, contoume unha historia do San Maín. 
Eu, que non tiña nin idea diso, díxenlle que non sabía o que era e que mais nunca o celebrara.
Contoume que era unha especie de Halloween galego e comezou a falar dunha noite do 31 de outubro, de cando era neno, e esa noite ansiabaa tanto coma o Nadal.