viernes, 30 de noviembre de 2012

O Dolmen de Dombate

Todo comeza índonos á provincia da Coruña a Cabanas de Bergantiños a un puebleciño moi pequerrecho, pero con unha importante peza da historia galega, o Dolmen de Dombate.


Este dolmen que podemos ver na imaxe é o de Dombate nos anos 90.


Está considerado unha das pezas máis importantes de Galicia e bastante ben conservada o seu interior.
Fixádevos se é importante que ata Pondal no ano 1895 o menciona nun dos seus poemas.

Pero empecemos co interesante:

A deputación da Coruña conseguiuno no ano 1975 mediante unha compra de terras e dende aquela, moitos arqueólogos xa investigaron o seu interior.

Foto da época de adquisición do dolmen.










Este dolmen se estima que pode ter 4000 anos de antigüidade. ten pouco mais de 2 metros de longo e dentro del existen pinturas que permanecen pintadas na rocha.






Restos de pinturas dentro do dolmen.





Dentro deste dolmen ainda se encontrou outro dolmen mais, duns 2000 anos mais antigo.







Excavacións do ano 2009. Exterior do dolmen.



No ano 2011 acabouse o teito que agora o cubre e existen visitas guiadas para velo por fora. Ainda hoxe, seguese a investigar nel, nas suas cámaras e na camara mais antiga encontrada dentro dela.



Tendo en conta que está cerca ( uns 140km desde Ferrol e 60km desde Coruña ), por que non ir a visitalo?
Por que non ir a coñecer aos nosos antepasados? Por que non ir a ver as suas construccións e as súas pinturas?

Se podo, estas navidades irei velo, xa que se en fotos é impresionante, en vivo e en directo o ten que ser ainda mais.

Por último deixovos un video moi interesante con unha explicacion mais completa:

No hay comentarios:

Publicar un comentario