sábado, 1 de diciembre de 2012

Unha noite de medo.


Un amigo meu, contoume unha historia do San Maín. 
Eu, que non tiña nin idea diso, díxenlle que non sabía o que era e que mais nunca o celebrara.
Contoume que era unha especie de Halloween galego e comezou a falar dunha noite do 31 de outubro, de cando era neno, e esa noite ansiabaa tanto coma o Nadal.

O seu pai fai uns anos, contáralle que esa noite, era moi probable que a Santa Compaña paseara polos al rededores da súa casa, a parroquia, as fontes, e as demais casas... Tratábanse de ánimas ou almas en pena que portaban cirios e que ian precedidos por un vivo que levaba unha cruz na man. Cada paso que daba o vivo, envelleciao e volviao cada vez mais morto que vivo. O vivo procuraba de atopar a unha persoa para que ocupara o seu posto, e poder marchar libre, sen estar condenado de por vida a vagar na búsqueda da morte.
Cando ese dia chegou, ia néboa pola tarde-noite, o que lle daba moito máis suspense ao momneto.
O meu amigo, pasouse toda a tarde preparando o mesmo ritual de sempre. Antes da media noite, foi solo e puso cerca do camiño que estaba diante da súa casa, as súas calabazas coa intención de que pasara a Santa Compaña. Pero aínda así, sempre co medo que esto supón. El dexesaba que pasaran por ali, xa que o facia algo raro e misterioso, pero estaba morto de medo. E antes de que deran as doce en punto, saiu correndo, deixando as calabazas cunha vela encendidas, e entrou na casa e meteuse na cama. Unha vez dentro, costoulle durmir, pensando se a Santa Compaña o veria e o seguiria ata a sua habitación. Como nunca puido dormir esa noite, o que facia era ir xunto á ventá, envolto nunha manta, como se a manta lle fose a protexer deles, pero aínda así, sentiase escondido e quentiño. Miraba de reollo pola fiestra e queria comprobar que ninguén estaba alí, pero a néboa non lle deixaba ver. Soamente veia as luces difuminadas que suporia que eran as veliñas dentro das calabazas. Ainda asi, temia que fosen as luces dos cirios... Volveuse á cama, e o vento daba golpes na ventá. Sentía medo. E nunca conseguia durmir ben. O pouco que durmiu, soñou con que a Santa Compaña lle visitaba naquel camiño. Cando os viu, as luces apagáronse de repente. Intentou quedarse queto para que non o viran, pero xa era demasiado tarde...Abriu os ollos e era de noite, tiña frio. As velas estaban encendidas, pero el non estaba na súa cama metidiño. Estaba naquel camiño escuro, solo, desprotexido sen a súa mantiña e coa incertidumbre de si eso foi un soño ou non.







AAS CALABAZAS UTILIZADAS POLO MEU AMIGO FORON ESTAS:


Foto realizada por min, a traves de Picasa

1 comentario: