viernes, 30 de noviembre de 2012

O Dolmen de Dombate

Todo comeza índonos á provincia da Coruña a Cabanas de Bergantiños a un puebleciño moi pequerrecho, pero con unha importante peza da historia galega, o Dolmen de Dombate.


Este dolmen que podemos ver na imaxe é o de Dombate nos anos 90.


jueves, 29 de noviembre de 2012

Sempre en Galiza atopamos maxia, bruxeria , fadas , serpes... invaden os petroglifos da nosa terra 
Lenadas e historias do megalitilismo percorren o tempo e chegan ata nós , Deixovos cuns exemplos.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Liberdade e igualdade: utopía.



Vouvos contar unha historia que teño oido dende moito tempo. 
É a historia da liberdade:

- Eu son a nena. A primeira nena de tódalas nenas e a única. Os meus pais non sei de onde sairon, pero ata agora, non coñezo a ninguén da miña idade. Tódolos demáis son máis maiores, e as mulleres teñen barrigas, de onde non paran de sair pequenas criaturas parecidas a nós. Penso que son maior ca eles, pero non sei canto. En realidade non sei cantos anos teño, porque non contamos os dias, nin as horas, nin nada. Nin sequera falamos. Asi que imaxinade, eu non existo. Por qué así é.  
Eu soamente veño a contarvos, a vós, que sodes os meus descendentes galegos, como é a miña vida,  máis ben, o pouco que sei dela. 
Porque situar, moito non me situo. Eso sí, orientamonos grazas á natureza, ao sol e aos deuses.

Contacto co máis alá

Unha presentación do Prezi:


lunes, 26 de noviembre de 2012



Que    é     GALICIA    para     mín?


    Galicia, como ven sabedes, é terra de emigrantes dende hai moito tempo atrás.
A migración comezou a finais do século XIX e continuo a principios do XX. 
    Moitos galegos tivemos que marchar a América do Sur e a Europa.
Cando un íase, marchaba con medo e coa inseguridade de non saber si ía volver.
    Seguramente pensaban tal e como Rosalía escribiu:

"Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, 
adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos." 

   

Outro punto de vista..


sábado, 24 de noviembre de 2012

Covas na Historia: ruta Ártraba


Dende hai pouco  reabriuse a ruta, utilizada antigamente, que vai dende a praia do Río de Meirás, ata a praia de  Ponzos de Covas

Os primeiros 1.200 metros discorren ata alcanzar o Alto de Campelo, próxima á coñecida praia de Campelo.
Esta parte foi utilizada durante moitos anos como vía de servizo polos militares que custodiaban as baterías defensivas ubicadas neste monte. 
No punto máis alto da Costa Ártabra, pódense ver as praias de Meirás e A Frouxeira, e algúns dos vales de Meirás e de Valdoviño, tamén  a praia de Campelo.
Dito sendeiro tambén pasa polo concello de Narón, caminando sobre o monte Esperón.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Covas na Historia: Santa Comba


A primeira constancia que se ten deste territorio é que foi de tipo castreño, coa súa orixe na Idade de Ferro, que abarca as tres últimas centurias antes de Cristo, onde o traballo metalúrxico, era unha das actividades que exercían as xentes de aquí.
Nun primeiro momento a superficie do xacimiento ocuparía dende a praia de Santa Comba ata Ponzos, debido ás súas características defensivas, gran diversidade de recursos naturais e alimenticios e un espazo ideal para o resguardo das súas embarcacións.
Pouco a pouco as forzas erosivas do mar irán separando o terreo ata convertelo en dúas illas, unha delas onde se encontra a actual ermita.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Covas na Historia: turbas en Ponzos

Con esta entrada inicio un conxunto de mostras da Prehistoria do meu entorno, Covas.
Para min unha fermosa e pequena aldea, na que a súa beleza reside nas praias e paisaxes coa natureza ao seu máximo exponente

Fai un tempo foi sonada a noticia do descubrimento de restos prehistóricos.
Numerosos foron os artigos adicados a este tema, entre os cales eu escollín os da Voz de Galicia.


COVA DE EIRÓS


martes, 20 de noviembre de 2012

GALIZA!

Nesta presentación vos deixo a miña opinión persoal de Galiza.


A nosa mitoloxía



Nestes días que andades a argallar relacións entre o presente e o megalitismo galego, apareceron varias novas e artigos en varios medios de comunicación que poderíades publicar. Podedes comezar con esta interesante reflexión de Manolo Gago sobre as lendas das mouras, a propósito da reutilización contemporánea dos vellos relatos. 
Entre as moitas ligazóns na rede sobre lendas populares podedes visitar a  Enciclopedia da fantasía popular de Galicia, ou ver este pequeno resumo documental da Mitoloxía de Galicia, por si serve de inspiración,: Deberíades vela e comprobar a relación entre megalitos e as lendas tradicionais. Veña ho.. abride as mentes á fantasía dos nosos devanceiros...



martes, 13 de noviembre de 2012

Sairemos como galegos?

Volvendo ao tema da identidade, pensei que a algún de vos ocurririaselle traer ao blog "sairemos como galegos" o novo anuncio de Gadis, que segue a facer fincapé no que "somos" os galegos segundo a interpretación da coñecida marca alimentaria. Admítense comentarios e opinións... Qué vos parece o spot?. Pensades que os galegos temos un xeito específico de abordar e sair da crise económica?


domingo, 11 de noviembre de 2012

Erase unha vez ao Noroeste de Iberia

Nesta presentación "Érase unha vez ao noroeste de Iberia " podedes topar imaxes, datos, enlaces a clips de video, así como numerosas referenzas á cultura da prehistoria en Galicia. So pretende servir como fonte de "inspiración" para os vosos traballos "creativos". O mais oportuno sería que a descargárades para que poidades utilizala autónomamente.En calquera caso, ao final, tedes unha listaxe de suxerencias indicativas para estimular posibles aportacións. Xa podedes poñervos as pilas para este tema, que precisará de catro entradas/aportacións individuais sobre a Prehistoria, o megalitismo ou a súa pervivencia na Galicia contemporánea..


Os mouros