
Ferrol é un lugar onde tradicionalmente gustou cantar. Non hai comidas, ceas ou celebracións, que eu recorde, onde a longa sobremesa non se dedicase a botar boas cantadas acompañadas ou non dunha guitarra. Estes recordos remóntanse aos meus avós e posteriormente aos meus pais e familiares. Calquera reunión remataba da mesma forma, cantando aquelas abaneras e, mesmo, cancións populares feitas por ferrolanos para Ferrol e bisbarra. Mesmo existe unha noite, o 19 de Marzo, na que todas as agrupacións e coros saen á rúa dende tempos inmemoriais a cantar ás "Pepitas" que, en definitiva son as mulleres de aquí.
Por iso, Ferrolterra foi berce de grandes músicos con maior ou menor éxito, pero dedicou á música en corpo e alma. Antano con guitarras españolas e bandurras deron paso a grupos eléctricos e músicas modernas, dende Juan Pardo ou Andrés do Barro a Los Sprinters .


Xa nos 70 xurdiron bandas como Azucre ou Réquiem que deron paso a Los Limones e demais.
Tamén houbo un grupo de xente que aínda que non eran profesionais formaron grupos que actuaban en festivales en colexios, como por exemplo no Tirso.Algúns destes grupos eran os Stones, que tocaban polos Beatles e o os Rollings. Outro era "Emilio el mexicano" que tocaba por Jimmy Hendrix. Outros eran Alberto e Daniel que imitaban a Simon e Ganfunkel.
Pero, que é hoxe da música rock en Ferrol e Ferrolterra? Poidovos mostrar un avance.
Un dos grupos máis destacables de pop rock son os Padel Rock , a continuación vai unha entrevista que lle fixen a Marcial , o batería deste grupo ex batería dos limones , e un bo amigo meu.
Para rematar vouvos presentar a miña prima , futura pianista dalgún grupo de estes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario