viernes, 17 de mayo de 2013

A chegada do home á lúa

O día 20 de xullo de 1969, o home chega ao noso satélite, e eu pregunteille a meu pai como vivíu este momento histórico.

- Eu daquela tiña 7 anos, pero o recordo coma se fose ayer. Unhas semanas atrás o teu avó trouxera unha das primeiras televisións en blanco e negro, as cales eu mesmo estaba impresionado con aquelas imaxes pensando que eran unha pasada. Recordo que a televisión lle custara moito ao teu avó e nin a min nin aos teus tíos nos a deixaba tocar por se acaso a rompíamos. Este día foi alucinante. Ver como un home chegaba á lúa nunha televisión que ainda nin sequera sabia coma funcionaba. Ese día foi unha pasada. Ver como baixaba Armstrong e dicir esa famosa frase. Ao día seguinte na escola recordo que todos os nenos queríamos ser astronautas e vivir esa experiencia. 

Meu pai insistiume no seguinte:


- Ten en conta que era a primeira vez que tiñamos unha televisión, aunque fora en branco e negro, e que daquela todo o mundo estaba impresionado por ver o que veron, e nadie dicía o que se di agora de que pode que sea unha farsa ou que nunca se chegara, pero ese día nunca o olvidarei.


No hay comentarios:

Publicar un comentario