
Ver mapa más grande A nosa historia comeza na posguerra arredor do ano 1938, meu bisavó era un home do rural traballaba no campo e coidaba dalgún porco que tiña,tamén rexentaba unha taberna en moeche coa miña bisavóa, como podedes comprobar era o típico campesiño da época. Sen embargo era un home con inquietudes e unha ideoloxía republicana ben marcada e naquel tempo dedicábase a esconder na súa taberna a moitos escapados republicanos que andaban nos montes, a miña bisavóa repetíalle unha e outra vez "Cipriano non podes deixar pasar ó bar a esa xente vamos ter problemas, tes unha filla" pero él non fixo caso e moi fiel ás súas ideas continuou deixandoos pasar e pouco a pouco foi entablando máis camaradería con eles cos cales aprendeu a ler e escribir e xuntos pasaban as noites falando do país e imaxinando épocas mellores nas que serían os franquistas os que escaparían polos montes. Pasou o tempo e a guardia civil seguía sen aparecer pola vella taberna de Moeche, "pouco durará, o sabe todo o mundo" pensaba a muller de Cipriano. Na tabena ia a tomar unha cunca de viño e mais unha tapa de queixo cada mañá un "señorito" de San Saturniño o cal tiña fama de argalleiro e aproveitado. Un día este "señorito" ó pechar a taberna quixo chantaxear a Cipriano, se non lle pagaba unha cantidade de diñeiro contaríalle todo á Guardia Civil enton él e máis os camaradas republicanos serían fusilados. O taberneiro negouse rotundamente, non estaba disposto a someterse nin a venderse a niguén, e foi agarrado pola miña bisavóa para non darlle ao "señorito" a tunda da súa vida, "ves o que fixeches, vaino saber a Guardia Civil saca a esa xente de akí". Tras estar varios meses sen esconder a ninguén baixo a guardia unha noite e a policía interrompeu de súpeto unha reunión clandestina, Cipriano consegui a tempo dirixir polo camiño de atrás da taberna aos republicanos por onde conseguiron escapar mentres o seu irmán distraía na casa á policía golpeándoos con ferramentas do campo. O curmán do meu bisavó foi fusilado por opoñer resistencia violenta contra a autoridade, Cipriano tivo algo máis de sorte e pasou uns anos no cárcere e puido vivir moitos anos máis, nesta foto o temos con 80 anos ó carón de meu pai. Este pequeno acto de rebeldía de estes dous homes escondendo e protexendo a unhas persóas de ser asasinadas significou moitos para os veciños do lugar os cales moitas non foran capaces de romper esa sumisión e a partir do sucedido con estes dous irmáns cambiaron moitas das súas perspectivas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario