viernes, 23 de noviembre de 2012

Covas na Historia: Santa Comba


A primeira constancia que se ten deste territorio é que foi de tipo castreño, coa súa orixe na Idade de Ferro, que abarca as tres últimas centurias antes de Cristo, onde o traballo metalúrxico, era unha das actividades que exercían as xentes de aquí.
Nun primeiro momento a superficie do xacimiento ocuparía dende a praia de Santa Comba ata Ponzos, debido ás súas características defensivas, gran diversidade de recursos naturais e alimenticios e un espazo ideal para o resguardo das súas embarcacións.
Pouco a pouco as forzas erosivas do mar irán separando o terreo ata convertelo en dúas illas, unha delas onde se encontra a actual ermita.
A actividade metalúrxica levada a cabo durante estes anos non sería posible sen a existencia duns fornos, cuxos restos foron encontrados hai pouco
A adicación a esta actividade, ven dada en parte polas reservas metalíferas no seu territorio, dende Valdoviño ata Covas, que ao longo da historia  se fixeron descubrimentos de útiles minerais.
A existencia de estas minas provocou unha forte atracción nos navegantes atlánticos e sobre todo mediterráneos, quenes non abandonarían estas rutas ata a conquista romana.
O asentamento sufre unha transformación coa aparición dun espacio exterior urbanizado entre ambos muros, máis unha renovación das estructuras domesticas, que á súa vez supón a destrucción da parte superior dos hornos, abandoados xa con anterioridade
Isto forma parte da última fase castreña.
A seguinte fase, pertence ao pleno dominio romano, é cando estas terras son explotadas para administrar os seus recursos para outros puntos romanos.
Sen embargo hay un tempo no que estes territorios  se abandonan
Tamén é moi posible que o asentamento de Santa Comba, non fose abandoado totalmente, dado que parece que foi un referente importante para a navegación na costa Ártabra
A última fase de ocupación relacionase coa etapa altomedieval.
Se señala a posibilidade da existencia dun monasterio fundado por monxes irlandeses no século VI en Santa Comba. Aos poucos anos tiraríase para construir a actual ermita.
Entre os restos encotrados das diferentes épocas destacan:
  • O conxunto cerámico romano: un recipiente de forma aberta, con os restos do asa. Este hallazgo se clasifica dentro do momento altoimperial.
  • Restos dos recursos alimenticios utilizados polos habitantes do xacimiento, na súa gran maioría son especies relacionadas co medio marino; espiñas de pescado e conchas de marisco
  • Tamén se recolleron restos óseos pertencentes a animales domésticos, sobre todo de ovellas e cabras


Lenda

A construcción de esta ermita está unida a unha serie de creencias relixiosas e supersticiosas, a lendas pasadas.
Se conta que Santa Comba, acompañada do seu fillo San Silvestre , veu cruzando o mar cun barco de pedra , ata chegar á Insua do Medio, illa onde hoxe en día se encontra a ermita.
A barca de pedra sería a que hoxe en día esta pousada sobre o chan deste lugar


Restauración

Durante o ano 2006 aparte das investigacións arquelóxicas, iníciase un proceso de restauracion da ermita.


Prensa

É evidente que este feito foi recollido polos xornais, xa que supoñía o descubrimento de elementos e historias de épocas lonxanas, e sen embargo pasaron desapercibidas aos nosos ollos durante centos de anos.
Eu decidín escoller a Voz de Galicia como fonte destas noticias.







Agora aporto unhas imaxes onde se pode ver o proceso de restauración da ermita, máis o estudo arquelóxico,contando coa axuda dos veciños, ademáis do precioso enclave onde se sitúa este paraxe.



























No hay comentarios:

Publicar un comentario