martes, 29 de enero de 2013

OS HEROES DESCOÑECIDOS







Dende que Manolo propuxo o tema pregunteille ao meu pai quen ou quenes participaran nun acto de rebeldía que recordara. Faloume dos Irmandiños, os Mártires de Carral, faloume de Concepción Arenal pero cando dixo "O Xurelo" cambioulle a cara.
" Patri,podes facelo do Xurelo! Setembro dos  oitenta! Eu fun á manifestacion!"

Falaba cunha emoción que eu non lograba entender.Agora o entendo, pois o suceso que vos vou contar significou a unión do pobo galego en defensa do mar.


Eu, pobre de min,imaxinábame unha folga pola subida de prezo do xurelo, unha intoxicación destos.. Pero non me imaxinei o que en realidade foi. Estaban intentando converter o mar nun cemiterio nuclear onde agochar os residuos molestos da relucente Europa!

Indignante,seino! Con este encabuxe comezou a historia..

setembro de 1981

Preséntovos ao Sirius
 GreenPeace levouno ata aló máis tivo unha avaría... 





Esquerda galega levou a cabo a misión e Ribeira respondeu á chamada. Ánxel Vila ofreceu o seu barco para a causa.

Agora preséntovos ao Xurelo
O Xurelo era un pesqueiro de madeira que apenas tiña 20 metros de eslora.




A extraordinaria tripulación do Xurelo estaba conformada por un estrano e heteroxéneo grupo de catorce persoas.. (Escritores, periodistas, políticos, ecoloxistas..)



Tras varios dias de travesía os tripulantes do Xurelo non consegueron atopar nada, a unica ferramenta era a pericia mariñeira do patrón! Pero as mellores cousas aparecen cando menos as esperas,e de súpeto! apareceron duas manchas pequenas, duas formiguiñas que resultaron ser dous grandes cargueiros holandeses.


Imaxinádevos o percal! Bidóns sendo tirados de 2 en 2 e de 4 en 4 e 4 galegos gritando que defenderan o mar e salvaran a vida!! Menudos heroes.. 
250 millas mar adentro, un compás, catro cartas náuticas e 14 persoas botando ao mar unha coroa de flores! Cantando a berros o himno galego e emitindo pola radio mensaxes de loita e esperanza

Foron recibidos como verdadeiros heroes en Ribeira!



O "Xurelo" voltaría o ano seguinte ao mesmo punto, de novo con serios riscos e coa novidade de dúas mulleres!



Unha delas, dicía nunha entrevista que a trataban de tola e irresponsable, "como te atreves a ir al mar con dos niños pequeños?" e ela contestaba.. "precisamente por eso, porque tengo dos hijos"
E alá se foron! Rumbo ao descoñecido.. Pero os ecoloxistas non se andaban con chiquitas. Imaxinádevos! Poñíanse baixo os bidóns.. Os outros cando podían tirábannos por riba deles.. Ata que un dos membros de GreenPeace quedou moi ferido. Ao mesmo tempo tiñan unha ameaza do goberno holandés de ponerlles unha multa moi grande.. Tiveron que retirarse xa que os barcos estaban poñendo en risco a vida dos activistas..
Acongonjáronse,si.. É verdade..
mais a loita non acabou ali, as protestas tiveron moitisima repercusión. Grazas á valente tripulación creouse en Europa unha conciencia ecoloxista e aquí é onde entra o meu pai, que foi a unha destas manifestacións.

Finalmente.. a presion conseguiu que se prohibisen estas practicas
A historia acabou ben, "gañamos os bos"

Queredes ver O Xurelo, verdade? E felicitar a Anxel Vila,seino.. 
Iso é o malo. Anxel Vila xa non está connosco e tampouco o está o Xurelo, que afundiu no porto de Ribeira. As que si fican na fosa atlántica son as case 14000 toneladas de residuos radioactivos, Qué medo! Alí.. no fondo do mar.. sen coñecerse os efectos e as condicions reais nas que se atopan..
Pero imos a miralo con positividade! E imos a consideralas un perpetuo recordatorio da loita dunhas trinta persoas case descoñecidas pero valentes que subíronse aun barco para defender o mar NO NOSO NOME! NO NOME DAS XERACIÓNS VINDEIRAS!

A isto chamolle eu revolución..

No hay comentarios:

Publicar un comentario