lunes, 15 de octubre de 2012

Xeitos de ser galego



Aínda que algúns comezáchedes a escribir nos blogs individuais as vosas miradas persoais sobre Galicia, boto en falta que non vos atrevades a escribir no Montecuruto de tod@s  …Vades lent@s rapaces… ¡
En fin, que Galicia pode “ser” moitas cousas, ademais de fermosos paisaxes e a tópica morriña. Hai abondosa peña polo país adiante facendo videos, cancións ou textos de diversa índole e, nestes días de mitíns electorais, lanzando ideas moi dispares sobre o significado de Galicia, Tan dispares como os dous exemplos que colgo hoxe
En primeiro lugar, e simplemente por seguir abrindo o debate, deixovos a  campaña de Gadis que sorprendeu ao país con este anuncio que transmite unha determinada idea de Galicia coa que non sei si concordades…(Admítense opinións)

E qué me decides da Galicia que se agocha baixo das letras de grupos como Dios Ke te Krew?
(aquí podedes escoitar e descargar as súas cancións), por exemplo cando reivindican ironicamente a Galicia como potencia nuclear..ou na estimulante Profecía ?

Deste grupo sempre me maravillou a súa canción-presentación e o repaso que lle meten a historia do rap en Xenese:

Enfin,  se tedes ocasión, aconsello que non vos perdades os seus directos porque destilan enerxía por todos os currunchos do espazo do concerto:


E por si fose pouco, dous dos tipos que berran no esceario foron alumnos meus e ben orgulloso deles que me sinto  (ao mellor por iso son tan fan ) ...Veña ho... agardo mais participación neste blog colectivo que xa se me fai longa a espera por vos…

3 comentarios:


  1. Despois de ver os diferentes vídeos penso que "profecia" está moi ben posto que representa moi clara a situación do noso planeta nun futuro próximo como sigamos acabando con él.
    Logo como amante do rap vexo que nós, os adolescentes, somos na actualidade capaces de expresar os nosos sentimentos dunha forma diferente,divertida,interesante…convertindoos en moitos casos en arte.

    ResponderEliminar
  2. O video "Profecía" do grupo Dios ke te Crew, amosa os problemas que temos na sociedade actual. Como son a contaminación ou a destrucción da natureza, provocadas pola industrialización, a causa da aparición do capitalismo na historia. Os integrantes do grupo, a través desta canción manifestan os seus pensamentos sobre o mundo que temos no presente. Falan da importancia que teñen hoxe en día os cartos e o sistema clasista, culpable do cambio que se experimentou con respecto ao pasado. Os nosos pais ou avós, estaban rodeados de natureza, mentres que agora estamos coa incertidumbre de que en calquera momento todos os recursos poden esgotarse.
    Unha frase coa que me quedei foi : "non mais sangue derramado pola terra". A cal porei no meu blog, xa que pareceme o resumo perfecto de toda a canción. A cal quere expresar que estamos fartos de coidar as nosas cousas para que outros acaben destruindoas.

    ResponderEliminar
  3. Falei hoxe ao meu grupo de amigos , todo eles raperos eso hai que decilo, do grupo Dios ke te crew e casi me matan por non conocelo...

    ResponderEliminar