Ano 1975, acaba a dictadura, pero non o franquismo. ¿Por qué o penso? É sinxelo e curioso ao mesmo tempo.
Eu vivo en Covas dende
que nacín, e creo que ao ser un pobo pequeno, é fácil coñecer todos os
seus segredos, ben sexa polos meus antepasados como por exemplo os avós,
eses que non lles fai falta ir á wikipedia para saber cada detalle do
que aconteceu na vila, xa quixeran as enciclopedias virtuais transmitir o
que transmiten eles; ou ben sexa por noticias, ou simplememte por
observar os restos que aínda quedan, anacos de historia viva, presente.
Gústame traballar sobre temas cercanos a min ou a vós, porque creo que teñen máis interese que se conto cousas sobre Ourense ou Lugo.
O tema que escollín esta vez, ten que ver cos meus recordos (bos case sempre) e cos paseos familiares que solía dar ata o faro de Covas, no cabo Prior, ou mellor dito, "ás baterías", así era como chamábamos a ese paseo. Encantábame
porque a paisaxe era preciosa, o mar batía forte e as chorimas
resaltaban entre o frío inverno. Pouco a pouco as casas iban
desaparecendo, e a estrada facíase máis tortuosa. Unha vez que
chegábamos ao faro, eu corría hacia as construccións abandoadas que
había alí, dábanme entre medo, respeto e ao mesmo tempo diversión,
imaxinando que antes alí vivía xente, pero que xente?.. Non me cabía na
cabeza quen se podía ir aló, a un sitio tan apartado do mundo.
Outro recordo tamén bo,
era cando iba a casa dos meus outros avós, en Meirás. No camiño recordo
un campo onde había uns rapaces facendo exercicio, era un campo
extensísimo, despexado, sen ningunha árbore nin impedimento, salvo unhas
casas que se vían ao lonxe de onde saían ese rapaces.