martes, 29 de enero de 2013
OS HEROES DESCOÑECIDOS
Dende que Manolo propuxo o tema pregunteille ao meu pai quen ou quenes participaran nun acto de rebeldía que recordara. Faloume dos Irmandiños, os Mártires de Carral, faloume de Concepción Arenal pero cando dixo "O Xurelo" cambioulle a cara.
" Patri,podes facelo do Xurelo! Setembro dos oitenta! Eu fun á manifestacion!"
Falaba cunha emoción que eu non lograba entender.Agora o entendo, pois o suceso que vos vou contar significou a unión do pobo galego en defensa do mar.
lunes, 28 de enero de 2013
O suicidio colectivo.
O Monte Medulio ten unha situación xeográfica, ainda hoxe, controvertida. Algúns din que estaba en O Bierzo, preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Pero por exemplo, Paulo Orosio sitúabao cerca do Miño.
O Monte Medulio é o lugar onde se celebrou a batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 adC, contra as lexións de Caio Furno e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.
domingo, 27 de enero de 2013
Evolución rebelde.
La Rebeldía Gallega enfocada como la evolución que ha logrado alcanzar la mujer con respecto al hombre.
En cuanto a personajes femeninos se refiere, he querido destacar a:
Concepción Arenal, una rebelde liberal ferrolana que se reveló en contra de las injusticias que sufrían las mujeres en el siglo XIX.
También Emilia Pardo Bazán, una escritora coruñesa que presenta el despertar de la conciencia femenina.
Y por supuesto, otra escritora como Rosalía de Castro, que muestra en sus obras la lucha por el respeto mutuo entre hombre y mujer.
Sin olvidarse de Aurora Rodriguez Carballeira, ferrolana que quiso educar a su hija Hildegart en las bases del socialismo, en provecho de la causa liberadora de la mujer. Consiguió que su hija tuviera unos ideales liberales y progresistas, aunque se trataban de socialismos utópicos. Aún asi, Hidelgart con tan solo 16 años, estudiaba 5 idiomas y ya tenia una carrera. Pero cuando Hidelgart, la verdadera estrella de la historia, se enamoró de un chico, la madre, enfurecida por desviarse de lo que ella tenia previsto para la vida de su hija, la apuñaló mientras dormía.
miércoles, 23 de enero de 2013
Memorias históricas.
Vouvos contar un relato sobre unha historia moi cercana; o que lles aconteceu aos meus bisavós e ao meu tataravó na Galicia de principios do século XX, é dicir, sobre o 1905. Eles vivian en Coia, Vigo, e eran unha familia humilde, unida, e moi traballadora. Que día si, e noite tamén, adicabanse ao cultivo das terras dos señores caciques.
A historia centrase, concretamente, no meu tataravó, no seu fillo; meu bisavó e na noiva deste, a miña bisavoa.
domingo, 2 de diciembre de 2012
Castro de baroña
Trás comprobar que o camiño e a tradición do camiño de San Andrés
tiña a súa orixe nos nosos ancestros celtas quixen saber algo máis desta
cultura e coñecer un máxico lugar que foi hogar deles fai uns 4000
anos, o Castro de Baroña.
Se hoxe temos todo o que temos significa que alguén loitou por telo.
Non falo do inventor do televisor nin do inventor dos zapatos de tacón, quero ir algo máis atrás no tempo. Refírome á prehistoria.
Se hoxe temos linguaxe significa que no principio dos tempos alguén loitou por comunicarse. Se agora temos todos estos alimentos significa que houbo un día no que alguén pasou fame e decidiu explorar cómo avatila. Sigo sen falar do inventor do cocido. Falo de tempos máis lontanos, do inventor da caza!
Se hoxe temos as nosas casas cheas de cadros non é grazas ao inventor do óleo, sigo falando do primeiro que quixo plasmar unha imaxe nunha rocha.
As miñas fotografías.
Aquí vos deixo con catro fotografías que fixen dos acantilados de San Andrés de Teixido.
Estos acantilados son os mais altos da Europa continental xa que teñen 612 metros de altura sobre o nivel do mar.
Utilizei o programa Picassa para dárlles outros efectos.
sábado, 1 de diciembre de 2012
Unha noite de medo.
Un amigo meu, contoume unha historia do San Maín.
Eu, que non tiña nin idea diso, díxenlle que non sabía o que era e que mais nunca o celebrara.
Contoume que era unha especie de Halloween galego e comezou a falar dunha noite do 31 de outubro, de cando era neno, e esa noite ansiabaa tanto coma o Nadal.
viernes, 30 de noviembre de 2012
O Dolmen de Dombate
Todo comeza índonos á provincia da Coruña a Cabanas de Bergantiños a un puebleciño moi pequerrecho, pero con unha importante peza da historia galega, o Dolmen de Dombate.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


