Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ecoloxía. Mostrar todas las entradas
martes, 7 de mayo de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
O que ninguén quere ver
Non sei se vos soará dalgo “O Partido Verde Europeo” ou “Os verdes”, pero tendo en conta que os nomes
non son cousa doutro mundo, xa podedes ter unha idea, máis ou menos do que son.
Se o verde o relacionamos coa natureza e o feito de ser formacións políticas ou
grupos coa defensa desta, so hai que pensar na cor que xeralmente se asocia á
natureza e xa temas o resultado desta fórmula nunha soa palabra: ECOLOXISTAS.
Hai vida máis alá do Green Peace mediático, ó igual que hai vida na
conservación da natureza, que, a fin de contas, defenden estes grupos. Ó final
entenderedes porque vos falo disto.
Pero eu non viñen por aquí a falares do que son cada un
deles. É moi sinxelo buscar no google o que son e recopilar as novas que
aparecen nos xornais falando deles. Viñen para falaros dalgo que todos vós
debedes coñecer, REGANOSA. Bágoas negras
O normal
sería comezar o relato presentándome co meu nome, pero non teño. Se o teño non
o recordo. Poida que sexa lóxico que non o recorde. Se alguén algunha vez
utilizou o meu nome, non foi para ben. Polo menos que eu recorde a miña familia
nunca utilizaba nomes. Non é que non nos comunicáramos, ou que non nos
quixéramos. Queríamonos como calquera outra, pero na distancia. Todos sabiamos por onde andaban
as viaxes intrépidas dos demáis, dos que viaxaban cada ano e os que permanecíamos
na terra onde nacemos e nos criamos. A terra ata a que alcanza a miña xa vella
memoria non é moi extensa, é só un pequeno saínte de area que pouco a pouco
parece adentrarse no mar. Está ó redor dunhas murallas duras de pedra onde
temos vivido moitos anos. Moitos para min, ó mellor para vós xa non son tantos.
Para todos nós si o son, pasan moi lentos. Quizáis porque vivimos sempre co
pesadelo de que calquera de nós pode desaparecer de súpeto tragado polo pequeno
mar que sempre foi o noso fogar.
domingo, 3 de febrero de 2013
Galicia fermosa
Durante o mes de febreiro achegarémonos a "fermosura" de Galicia da que tanto gustades a partires das graves ameazas da paisaxe tradicional dende numerosos puntos de vista. Aquí tedes un mapa con ligazóns para que comezedes a explorar...Boa singradura¡¡¡
Si queres ver o mapa perfecto dalgúns dos problemas contemporaneos do país no que vivimos, descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf).
Logo amplia o gráfico para "navegar" por hiperenlaces ou ligazóns que de seguro te permitirán coñecer a realidade socioambiental de Galicia
Si queres ver o mapa perfecto dalgúns dos problemas contemporaneos do país no que vivimos, descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf).
Logo amplia o gráfico para "navegar" por hiperenlaces ou ligazóns que de seguro te permitirán coñecer a realidade socioambiental de Galicia
martes, 29 de enero de 2013
OS HEROES DESCOÑECIDOS
Dende que Manolo propuxo o tema pregunteille ao meu pai quen ou quenes participaran nun acto de rebeldía que recordara. Faloume dos Irmandiños, os Mártires de Carral, faloume de Concepción Arenal pero cando dixo "O Xurelo" cambioulle a cara.
" Patri,podes facelo do Xurelo! Setembro dos oitenta! Eu fun á manifestacion!"
Falaba cunha emoción que eu non lograba entender.Agora o entendo, pois o suceso que vos vou contar significou a unión do pobo galego en defensa do mar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
