Mostrando entradas con la etiqueta Castros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castros. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2013

Castros en Ferrol

Realicei este prezi para compartir con quen o queira certa información sobre os castros que se han atopado na comarca ferrolá. A verdade é que non sabía de ningún e teño a curiosidade de ir a velos .... algún día É o meu primeiro contacto có Prezi, séde xustos nas críticas coa forma de usalo. Realizado por Marta Ameneiro

lunes, 28 de enero de 2013

O suicidio colectivo.

O Monte Medulio ten unha situación xeográfica, ainda hoxe, controvertida. Algúns din que estaba en O Bierzo, preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar. Pero por exemplo, Paulo Orosio sitúabao cerca do Miño.
O Monte Medulio é o lugar onde se celebrou a batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 adC, contra as lexións de Caio Furno e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.


domingo, 2 de diciembre de 2012

Castro de baroña

Trás comprobar que o camiño e a tradición do camiño de San Andrés tiña a súa orixe nos nosos ancestros celtas quixen saber algo máis desta cultura e coñecer un máxico lugar que foi hogar deles fai uns 4000 anos, o Castro de Baroña.


viernes, 23 de noviembre de 2012

Covas na Historia: Santa Comba


A primeira constancia que se ten deste territorio é que foi de tipo castreño, coa súa orixe na Idade de Ferro, que abarca as tres últimas centurias antes de Cristo, onde o traballo metalúrxico, era unha das actividades que exercían as xentes de aquí.
Nun primeiro momento a superficie do xacimiento ocuparía dende a praia de Santa Comba ata Ponzos, debido ás súas características defensivas, gran diversidade de recursos naturais e alimenticios e un espazo ideal para o resguardo das súas embarcacións.
Pouco a pouco as forzas erosivas do mar irán separando o terreo ata convertelo en dúas illas, unha delas onde se encontra a actual ermita.

domingo, 11 de noviembre de 2012

Erase unha vez ao Noroeste de Iberia

Nesta presentación "Érase unha vez ao noroeste de Iberia " podedes topar imaxes, datos, enlaces a clips de video, así como numerosas referenzas á cultura da prehistoria en Galicia. So pretende servir como fonte de "inspiración" para os vosos traballos "creativos". O mais oportuno sería que a descargárades para que poidades utilizala autónomamente.En calquera caso, ao final, tedes unha listaxe de suxerencias indicativas para estimular posibles aportacións. Xa podedes poñervos as pilas para este tema, que precisará de catro entradas/aportacións individuais sobre a Prehistoria, o megalitismo ou a súa pervivencia na Galicia contemporánea..


Os mouros