Mostrando entradas con la etiqueta megalitismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta megalitismo. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de noviembre de 2012

O Dolmen de Dombate

Todo comeza índonos á provincia da Coruña a Cabanas de Bergantiños a un puebleciño moi pequerrecho, pero con unha importante peza da historia galega, o Dolmen de Dombate.


Este dolmen que podemos ver na imaxe é o de Dombate nos anos 90.


sábado, 24 de noviembre de 2012

Covas na Historia: ruta Ártraba


Dende hai pouco  reabriuse a ruta, utilizada antigamente, que vai dende a praia do Río de Meirás, ata a praia de  Ponzos de Covas

Os primeiros 1.200 metros discorren ata alcanzar o Alto de Campelo, próxima á coñecida praia de Campelo.
Esta parte foi utilizada durante moitos anos como vía de servizo polos militares que custodiaban as baterías defensivas ubicadas neste monte. 
No punto máis alto da Costa Ártabra, pódense ver as praias de Meirás e A Frouxeira, e algúns dos vales de Meirás e de Valdoviño, tamén  a praia de Campelo.
Dito sendeiro tambén pasa polo concello de Narón, caminando sobre o monte Esperón.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Covas na Historia: Santa Comba


A primeira constancia que se ten deste territorio é que foi de tipo castreño, coa súa orixe na Idade de Ferro, que abarca as tres últimas centurias antes de Cristo, onde o traballo metalúrxico, era unha das actividades que exercían as xentes de aquí.
Nun primeiro momento a superficie do xacimiento ocuparía dende a praia de Santa Comba ata Ponzos, debido ás súas características defensivas, gran diversidade de recursos naturais e alimenticios e un espazo ideal para o resguardo das súas embarcacións.
Pouco a pouco as forzas erosivas do mar irán separando o terreo ata convertelo en dúas illas, unha delas onde se encontra a actual ermita.

martes, 20 de noviembre de 2012

A nosa mitoloxía



Nestes días que andades a argallar relacións entre o presente e o megalitismo galego, apareceron varias novas e artigos en varios medios de comunicación que poderíades publicar. Podedes comezar con esta interesante reflexión de Manolo Gago sobre as lendas das mouras, a propósito da reutilización contemporánea dos vellos relatos. 
Entre as moitas ligazóns na rede sobre lendas populares podedes visitar a  Enciclopedia da fantasía popular de Galicia, ou ver este pequeno resumo documental da Mitoloxía de Galicia, por si serve de inspiración,: Deberíades vela e comprobar a relación entre megalitos e as lendas tradicionais. Veña ho.. abride as mentes á fantasía dos nosos devanceiros...



domingo, 11 de noviembre de 2012

Erase unha vez ao Noroeste de Iberia

Nesta presentación "Érase unha vez ao noroeste de Iberia " podedes topar imaxes, datos, enlaces a clips de video, así como numerosas referenzas á cultura da prehistoria en Galicia. So pretende servir como fonte de "inspiración" para os vosos traballos "creativos". O mais oportuno sería que a descargárades para que poidades utilizala autónomamente.En calquera caso, ao final, tedes unha listaxe de suxerencias indicativas para estimular posibles aportacións. Xa podedes poñervos as pilas para este tema, que precisará de catro entradas/aportacións individuais sobre a Prehistoria, o megalitismo ou a súa pervivencia na Galicia contemporánea..


Os mouros