
martes, 7 de mayo de 2013
1939
Nesta entrada quero contar unha experiencia persoal da vida do meu bisavó en forma de relato. Aquí deixo unha foto do meu bisavó Cipriano Piñón natural do rural municipio de Moeche o cal xeolocalizo a continuación.


lunes, 6 de mayo de 2013
O que ninguén quere ver
Non sei se vos soará dalgo “O Partido Verde Europeo” ou “Os verdes”, pero tendo en conta que os nomes
non son cousa doutro mundo, xa podedes ter unha idea, máis ou menos do que son.
Se o verde o relacionamos coa natureza e o feito de ser formacións políticas ou
grupos coa defensa desta, so hai que pensar na cor que xeralmente se asocia á
natureza e xa temas o resultado desta fórmula nunha soa palabra: ECOLOXISTAS.
Hai vida máis alá do Green Peace mediático, ó igual que hai vida na
conservación da natureza, que, a fin de contas, defenden estes grupos. Ó final
entenderedes porque vos falo disto.
Pero eu non viñen por aquí a falares do que son cada un
deles. É moi sinxelo buscar no google o que son e recopilar as novas que
aparecen nos xornais falando deles. Viñen para falaros dalgo que todos vós
debedes coñecer, REGANOSA. Se me lengua la traba
“Ola. Teño 17
anos e falo castelán porque son unha moza, e a xuventude de hoxe en día no fala
galego… Ola. Teño tamén 17 anos e falo galego porque son do rural.”
Agora que xa teño
a vosa atención coa introducción destes tópicos tan marcados despectivamente.
Mellor, despectivamente para unha soa das linguas que mencionei. Ou pode que para
as dúas, unha por ser a causante dos tópicos e outra por mantelos.
Agora xa vos teño
máis impactados. Agora é cando non sabedes que postura teño eu porque primeiro
marco unha e despois acuso ás dúas.
Retranca
Cantas veces tennos dito que
digamos algo en galego porque lles gusta o noso acento? Moitas, non? A min polo
menos cada ano. Cada verán teño que disimular o moito que me amola que queran
escoitar algo en galego. Xa sabemos que temos un acento, como diríamos nós, moi
riquiño, suave, melódico... non sei. Diferente ós das demais comunidades.
Cando era pequena era coma a novidade en medio de tanto andaluz en Cádiz. E o era si. Era una nena pequena duns 5 anos que chegaba co seu acento e graza. Pero a min parecíanme máis "graciosos" eles. Gustábame máis o seu acento co meu. Eles eran a novidade para min. E coma novidade que eran tentaba de aprender todo o que fora deles. Inconscentemente, non era que quixera deixar de ter acento que teño. Por iso cando voltaba falar comigo era todo un espectáculo. Faláranme en castelán ou en galego, eu contestaba en castelán co meu acento propio, pero lle engadía o salero do acento andaluz. Tantos meses sen escoitar a xente que tivese un acento similar ó meu facía que inconscentemente, sen darme nin sequera conta, intentara cambiar a miña forma de falar. Ó pouco de voltar xa volvía a ter o acento riquiño de sempre. Pero sempre quedaba a anécdota e a sorpresa de escoitarme falar por primeira vez no aeroporto nada máis chegar.
Cando era pequena era coma a novidade en medio de tanto andaluz en Cádiz. E o era si. Era una nena pequena duns 5 anos que chegaba co seu acento e graza. Pero a min parecíanme máis "graciosos" eles. Gustábame máis o seu acento co meu. Eles eran a novidade para min. E coma novidade que eran tentaba de aprender todo o que fora deles. Inconscentemente, non era que quixera deixar de ter acento que teño. Por iso cando voltaba falar comigo era todo un espectáculo. Faláranme en castelán ou en galego, eu contestaba en castelán co meu acento propio, pero lle engadía o salero do acento andaluz. Tantos meses sen escoitar a xente que tivese un acento similar ó meu facía que inconscentemente, sen darme nin sequera conta, intentara cambiar a miña forma de falar. Ó pouco de voltar xa volvía a ter o acento riquiño de sempre. Pero sempre quedaba a anécdota e a sorpresa de escoitarme falar por primeira vez no aeroporto nada máis chegar.
Feismo urbano
O termo feismo xa fala por si so. Algo "feo", si. Pero non pensedes nunha persoa ou nalgún obxecto material. Bueno, nun obxecto material. A grandes dimensións e nun sentido desfigurado á vez que abstracto si o é. Iso si engloba o termo feismo a grandes dimensións, claro.
Con iso é difícil comprender o que é o feismo, mais pouco a pouco e xunto con este video, iredes comprendendo o que é.
Con iso é difícil comprender o que é o feismo, mais pouco a pouco e xunto con este video, iredes comprendendo o que é.
A serie do século XV
Quédanos moi lonxe a herdanza das revoltas irmandiñas que tan tradicionales se converteron para Galicia despois do século XV.
Lonxe temporalmente.
Moi preto de Ferrol temos o plató onde se rodaron escenas decisivas desas loitas irmandiñas que derruíron o poder feudal medieval.
Derruíron o poder, proclamaron liberdade uns poucos anos.
Estas manifestacións ilústranse nos restos das fortalezas dos nobres, símbolo do poder, que os exércitos irmandiños convertiron por un tempo nas sombras da opulencia feudal. Sombras que agora son restos de pedra, conservados, reconstruídos ou intactos.
En Moeche e Narahío, en San Sadurniño, quedan os restos da pedra como símbolo de... un pobo unido e enfrontado por un interese común? manter o poder feudal? manter a superioridade dos de arriba século tras século? rebeldía e revolución fronte ós ataques do poder?
Bágoas negras
O normal
sería comezar o relato presentándome co meu nome, pero non teño. Se o teño non
o recordo. Poida que sexa lóxico que non o recorde. Se alguén algunha vez
utilizou o meu nome, non foi para ben. Polo menos que eu recorde a miña familia
nunca utilizaba nomes. Non é que non nos comunicáramos, ou que non nos
quixéramos. Queríamonos como calquera outra, pero na distancia. Todos sabiamos por onde andaban
as viaxes intrépidas dos demáis, dos que viaxaban cada ano e os que permanecíamos
na terra onde nacemos e nos criamos. A terra ata a que alcanza a miña xa vella
memoria non é moi extensa, é só un pequeno saínte de area que pouco a pouco
parece adentrarse no mar. Está ó redor dunhas murallas duras de pedra onde
temos vivido moitos anos. Moitos para min, ó mellor para vós xa non son tantos.
Para todos nós si o son, pasan moi lentos. Quizáis porque vivimos sempre co
pesadelo de que calquera de nós pode desaparecer de súpeto tragado polo pequeno
mar que sempre foi o noso fogar.
domingo, 5 de mayo de 2013
A FOTOGRAFÍA: PARTE DA NOSA CULTURA.
É sorprendente como en moi pouco
tempo a túa vida pode chegar a
cambiar tanto.
Exactamente dende o instante que me chamou a atención o son que facía a cámara ao sacar unha fotografía, dinme conta de que ese aparello íame gustar e que podía ser algo interesante para
investigar e acercarme a distintas situacións con ela. Por iso en cada viaxe
que facía coa miña familia quería levala e disparar algunha instantánea coa axuda dos meus pais, amantes desta arte.
O tempo foi pasando e, polo tanto, a vida. Tecnoloxías e, á vez unha mesma, imos avanzando e cambiando en cada instante do noso existir. Doume conta cada día de que o mundo
da fotografía ten algo especial que me atrapa e me impide
deixalo. As cámaras xa non son o que eran e incluso, unha vez chegados a este punto, as expectativas
de cada un van cambiando.
O seguinte paso foi mercar a miña cámara
dixital coa que puidera sacar as miñas fotos sen depender de ninguén e cando eu
quixera. Cando vin que os meus obxectivos non os conseguía con este aparello, e
tiña cada vez máis claro que quería avanzar neste universo, os meus pais decidiron
mercar outra cámara de maior capacidade para poder seguir aprendendo e conseguir o que eu desexaba.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)