lunes, 6 de mayo de 2013

Feismo urbano

O termo feismo xa fala por si so. Algo "feo", si. Pero non pensedes nunha persoa ou nalgún obxecto material. Bueno, nun obxecto material. A grandes dimensións e nun sentido desfigurado á vez que abstracto si o é. Iso si engloba o termo feismo a grandes dimensións, claro.

Con iso é difícil comprender o que é o feismo, mais pouco a pouco e xunto con este video, iredes comprendendo o que é.

A serie do século XV

Quédanos moi lonxe a herdanza das revoltas irmandiñas que tan tradicionales se converteron para Galicia despois do século XV.
Lonxe temporalmente. 
Moi preto de Ferrol temos o plató onde se rodaron escenas decisivas desas loitas irmandiñas que derruíron o poder feudal medieval. 
 Derruíron o poder, proclamaron liberdade uns poucos anos. 
Estas manifestacións ilústranse nos restos das fortalezas dos nobres, símbolo do poder, que os exércitos irmandiños convertiron por un tempo nas sombras da opulencia feudal. Sombras que agora son restos de pedra, conservados, reconstruídos ou intactos.
En Moeche e Narahío, en San Sadurniño, quedan os restos da pedra como símbolo de... un pobo unido e enfrontado por un interese común? manter o poder feudal? manter a superioridade dos de arriba século tras século? rebeldía e revolución fronte ós ataques do poder? 















  

Bágoas negras

O normal sería comezar o relato presentándome co meu nome, pero non teño. Se o teño non o recordo. Poida que sexa lóxico que non o recorde. Se alguén algunha vez utilizou o meu nome, non foi para ben. Polo menos que eu recorde a miña familia nunca utilizaba nomes. Non é que non nos comunicáramos, ou que non nos quixéramos. Queríamonos como calquera outra, pero  na distancia. Todos sabiamos por onde andaban as viaxes intrépidas dos demáis, dos que viaxaban cada ano e os que permanecíamos na terra onde nacemos e nos criamos. A terra ata a que alcanza a miña xa vella memoria non é moi extensa, é só un pequeno saínte de area que pouco a pouco parece adentrarse no mar. Está ó redor dunhas murallas duras de pedra onde temos vivido moitos anos. Moitos para min, ó mellor para vós xa non son tantos. Para todos nós si o son, pasan moi lentos. Quizáis porque vivimos sempre co pesadelo de que calquera de nós pode desaparecer de súpeto tragado polo pequeno mar que sempre foi o noso fogar.

domingo, 5 de mayo de 2013

A FOTOGRAFÍA: PARTE DA NOSA CULTURA.

É sorprendente como en moi  pouco tempo a túa vida pode chegar a cambiar tanto.

Exactamente dende o instante que me chamou  a atención o son que facía a cámara ao sacar unha fotografía, dinme  conta de que ese aparello íame gustar  e que podía ser algo interesante para investigar e acercarme a distintas situacións con ela. Por iso en cada viaxe que facía coa miña familia quería levala e disparar algunha  instantánea  coa axuda dos meus pais, amantes desta arte.

O tempo foi pasando e, polo tanto, a vida. Tecnoloxías e, á vez  unha mesma, imos avanzando e  cambiando en cada instante do noso existir.  Doume conta cada día de que o mundo  da fotografía  ten algo especial que me atrapa e me impide deixalo. As cámaras xa non son o que eran  e  incluso, unha vez chegados a este punto, as expectativas de cada un van cambiando.

O  seguinte paso foi mercar a miña cámara dixital coa que puidera sacar as miñas fotos sen depender de ninguén e cando eu quixera. Cando vin que os meus obxectivos non os conseguía con este aparello, e tiña cada vez máis  claro que quería avanzar  neste universo, os meus pais decidiron mercar outra cámara de maior capacidade para poder seguir aprendendo  e conseguir o que eu desexaba.

A FROUXEIRA


Na vida hai moitos tipos de relacións entre as persoas, algunhas son de parella  e  outras,  por exemplo, entre  pais e fillas, como a que  vou contar eu agora.
Nesta historia hai tres personaxes:  un pai, unha rapaza e unha praia. Dúas persoas e un lugar que teñen unha unión e un sentimento moi agradable e especial cando están xuntas.
Parece imposible  que unha das maiores e mellores praias (como é neste caso a de Valdoviño, ou mellor dito a da Frouxeira, un entorno natural  do que goza Galiza) poda conseguir transportarte  a outro universo o tempo no que estás sentindo a area debaixo dos teus  pés ou  eses instantes nos que escoitas o ruxir das ondas, ruxir que chega  ao máis profundo do  teu corazón.

10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL.


O CRIME 

Víuse, camiñando entre fusís, 
por unha rúa longa, saír ao campo frío,
aínda coas estrelas, da madrugada.

Mataron a Federico 
cando a luz asomaba.

O pelotón de verdugos
non ousou mirarlle a cara. 

                      (Antonio Machado, O Crime foi en Granada)


“A estirpe obriera de Ferrolterra, homes e mulleres, ocupa un lugar senlleiro no que poderíamos denominar a Historia da Esperanza. Xente feita coa mellor madeir da humanidade, nos obradoiros do mar.”
Manuel Rivas.

     Rafael Pillado Lista (San Cibrao- Cervo 1942). Reside en Ferrol desde os dous anos, seguindo ao seu pai, preso no Castelo de San Felipe, pola súa militancia antifranquista.

Os aparecidos

Non podemos falar de cultura galega sen falar do tema da morte en Galica.Dende sempre oín na miña casa as historias e lendas de aparecidos que meus avós contaban á miña nai e aos meus tíos cando estes eran rapaces . Historias que sucedían ou sucederan cando eles eran novos, a parentes, veciños ou a eles mesmos.

Un dos temas principais desas historias é o tema dos aparecidos e das visións premonitorias. Agora ides a ser partícipes das historias que se lembran na miña casa: 

Música pop en Ferrol




Ferrol é un lugar onde tradicionalmente gustou cantar. Non hai comidas, ceas ou celebracións, que eu recorde, onde a longa sobremesa non se dedicase a botar boas cantadas acompañadas ou non dunha guitarra. Estes recordos remóntanse aos meus avós e posteriormente aos meus pais e familiares. Calquera reunión remataba da mesma forma, cantando aquelas abaneras e, mesmo, cancións populares feitas por ferrolanos para Ferrol e bisbarra. Mesmo existe unha noite, o 19 de Marzo, na que todas as agrupacións e coros saen á rúa dende tempos inmemoriais a cantar ás "Pepitas" que, en definitiva son as mulleres de aquí.

viernes, 3 de mayo de 2013

Castros en Ferrol

Realicei este prezi para compartir con quen o queira certa información sobre os castros que se han atopado na comarca ferrolá. A verdade é que non sabía de ningún e teño a curiosidade de ir a velos .... algún día É o meu primeiro contacto có Prezi, séde xustos nas críticas coa forma de usalo. Realizado por Marta Ameneiro

FERROL ENFURECIDO

Non temos porque revolver nos documentos ou na memoria histórica para atopar mensaxes de loita. 

A min, hoxe, bastoume cunha moto,
unha cámara e unha boa amiga.